mércores, 25 de novembro de 2015

Nido de Esclavos

Como na anterior entrada falei de Pedro Guimarei Filgueiras, o tío do meu avó, vouvos falar da novela que fixo que o fusilaran, Nido de Esclavos.

Trata en torno a Juan Luis, un rapaz e concienciado médico que amáis escribe nunha publicación local e súa moza Susana. Ambos viven na casa de Juan xunto a súa irmá. O evidente amor entre eles non cuadra xq que Juan Luis, incapaz de renunciar aos seus compromisos non quere atar a Susana aos mesmos e non confía na capacidade dela de adaptarse a unha situación de compromiso compartido entre o amor a unha persoa e a lealdade a uns ideais.

Establécese unha evidente similitude entre Pedro Guimarey, que era practicante e director do seminario Renovación e o protagonista, Juan Luis, médico e articulista de prensa.

Na novela, Juan Luis acude a dar clases a unha Escola. Ao entrar saúda coa siguiente frase:

- “Salud y Libertad, Señores y Señoras”

Evidentemente é unha alusión á “Escuela Racionalista de Ferrol”, de tendencia anarquista e librepensadora onde prestixiosos mestres daban unha ensinanza técnica. Guimarey impartiu algunha clase nesta escola.

Denunciase a hipocresía das señoras de ben, que en público rechazan o pescado ofrecido polas pescadeiras por ser de pouca calidade, pero que logo mandaban ás criadas a comprar “para el gato”, sardinas e outras especies en cantidades excesivas para o consumo dun animal. Isto era moi típico do Ferrol de esos anos. Tamén denunciase o dano que ocasionaba o alcohol ás familias proletarias, ata o punto de introducir na novela un debate acerca das novas leis europeas que esterilizaban aos tarados, aínda que Pedro  non o defendía. Sen embargo cuestiona a conveniencia de que pais alcohólicos teñan fillos.

Aparecen outros elementos típicamente ferrolanos como o infantilismo das señoritas que aspiran  casar cun tenente porque “llevan uniforme”. Estas críticas eran bastante frecuentes na prensa ferrolana de izquierdas.

Na cidade da novela aparecen uns estaleiros, nos que os obreiros andan en paro por falta de pedidos, como en Ferrol. Na cidade hai conflitos, choques de clase e enfrontamentos entre anarquistas e socialistas. Juan Luis defende tanto a socialistas como anarquistas, tal e como facía Pedro Guimarey na vida real.
 

 

sábado, 21 de novembro de 2015

Pedro Guimarey Filgueiras

Vou falar dun antepasado meu, Pedro Guimarey Filgueiras, o tío avó da miña nai. Pareceume unha persoa moi interesante, xa que na época da II República foi unha personaxe moi destacada na miña cidade, pero como o fusilaron caeu un mato de silencio sobre a súa persoa e non volveu ser recordado.

 
Pedro Guimarey Filgueiras


Naceu no ano 1906 na cidade de Ferrol. Era o segundo dos irmáns (África Hortensia, Xosé, Esperanza e Xesús).
Toda a súa vida dedicouna a facer o que realmente lle gustaba tendo como consecuencia a formación dunha persoa realmente culta. Foi escritor, bibliotecario, ATS, músico (tocaba o violín), profesor e dominaba perfectamente os idiomas francés e máis alemán. Xogou tamén unha tempada no Racing de Ferrol.
Foi unha persoa relevante no Ferrol dos anos trinta, xa que estaba practicamente en contacto con todos os ámbitos socio-culturais da época, tanto en temas políticos coma literarios.

Podo empezar a falar del facendo unha referencia ao Ateneo Cultural de Ferrol Vello. Este lugar tivo dous anos de historia e impartíanse numerosas conferencias no seu local, entre os conferenciantes estaba Pedro Gimarey, moitas destas dedicadas aos mozos, formados na mais avanzada pedagoxía baseada na concepción racionalista e científica, con miras a lograr unha formación integral dos máis novos, con respecto absoluto á liberdade, suprimindo todo castigo ou premio. O éxito destas conferencias fai que, en 1936, o “Ateneo Cultural de Ferrol Vello”, cree unha “Escuela para la infancia”, dirixida por Francisco Filgueira e Pedro Guimarey.

Cabe destacar “El Gráfico”, diario nacido durante a II República, pero que vai a ter unha corta vida, xa que a periodicidade e medios necesarios para a edición dun diario non puideron ser soportados polos seus xestores.
O primeiro número sae á rúa o 1 de maio de 1932, tendo unha existencia de apenas dous meses. Imprimíase en “La artística”, a outra gran imprenta de Ferrol da época xunto coa do “El correo Gallego”. Seu director será Nicolás García Pereya, constaba de 4 páxinas e seu coste era de 10 céntimos. Entre seus habituais colaboradores estaba Pedro Guimarey.

As liberdades políticas e sindicais da República, permiten que republicanos, socialistas e anarquistas retomen o contacto cos seus simpatizantes coa proliferación de publicacións. Un exemplo destas publicacións é a “Nueva Infancia”.
O primeiro número aparece o 1 de maio de 1931, trátase dunha publicación intermitente, sen que saibamos na actualidade súa duración xa que so existen dous exemplares na biblioteca municipal.
Será un ensaio de periódico para nenos, formando os más novos dentro da pedagoxía e as novas tendencias educativas. Este xeneroso esforzo recibe a felicitación do Ministro de Institución Pública. Tiña unha tirada de 1000 exemplares, que distribuíanse a maioría de forma gratuíta polas escolas da cidade. O director do periódico era Pedro Guimarey.
 

 

 
Outra das labores a destacar na súa vida foi a de ser o presidente do Partido Republicano Federal en Ferrol. Seu órgano de expresión era Renovación, de periodicidade quincenal. Terminaron integrándose en Unión Republicana.
No café Suízo( hoxe en día o hotel Suízo), totalmente esquecido na memoria dos ferroláns, merece a pena rescatar o papel dun grupo de tertuliáns librepensadores que no café debatían sobre diversos temas. Probablemente, o máis destacado deste núcleo fora Pedro Guimarey Filgueiras, un dos catro directores ao fronte de Renovación, unha publicación ferrolá con periodicidade semanal e de contido avanzado e progresista.
Pedro tiña como amigos máis persoais a Xosé Cao Piñón (anarquista e co fundador do Partido Sindicalista), Nores, Pérez Parallé (o poeta) e a Manuel Rodríguez Otero.
Neste grupo de intelectuais ateos o moi críticos  a Igrexa tamén figuraba Alfonso de Cal (O conde Cadenas) onde Ramón Otero Pedrayo, nunha ocasión que visitou Ferrol aloxouse na súa finca de Valdoviño.
 
A dereita da fotografía esta Pedro e a esquerda o seu amigo Xosé Cao Piñón.
 Como xa dixen anteriormente era un bo escritor, deixou escritas varias obras, entre as que cabe destacar a novela Nido de Esclavos. Foi editada o 1 de Xaneiro de 1935 e con ela ganou o Premio da Asociación de Artistas e Literatos, aínda que non se lle outorgou oficialmente o galardón por non estar afiliado a esta Asociación. Tamén é autor de Pepa Andrea (drama) , Carcoma (drama) , La obra Genial de Tonto Poeta (comedia) y La luminaria de Dios (comedia).  Deixou en preparación outras dúas novelas: Hombres y La Maja de la Tierra.
Aos poucos días do golpe de estado foi detido e paseado, e con iso queimaron todas as súas obras excepto un exemplar de Nido de Escravos, que conserva a miña familia.
 
Estaba a punto de casarse con Luz María Pita Landrove, filla de Xosé Pita Romero (o propietario dos coñecidos coloniais). Tras o seu asasinato, seu amigo Manuel Rodríguez Otero fíxose noivo de Luz María y casáronse. O matrimonio foi propietario da docería La Gloria.
Cando a sublevación miliar de Xulio de 1936, seu amigo Xosé Cao Cortiñas foi  buscalo para que se ocultaran (tiña un zulo preparado); pero Pedro díxolle inxenuamente que, como non cometera ningún delito, non tiña máis que temer algunha multa ou unha breve estancia no cárcere. Cao salvouse tras ocultarse durante anos.
A denuncia proveu dun sacerdote apelidado Vierna –parente do militar- e no grupo de falanxistas que presentouse no domicilio familiar, o da miña bisavoa, atopábase Gonzalo Torrente Ballester. Parece que Guimarey cometeu o gravísimo erro de mandar unha carta a ese sacerdote para poñerse baixo a súa protección. Foi unha mala elección porque Vierna delatouno á Falanxe. Creo que este sacerdote pelexouse con Pedro pola obra La luminaria de Dios, ao que debe engadirse a fama de ateos da tertulia do Café Suízo. Seu futuro sogro, Pita Romero, quixo axudalo e iniciou xestións ante as novas autoridades. Probablemente houbera conseguido salvarlle a vida, pero tras catro días de prisión e antes de que chegara o salvoconducto foi sacado e paseado.
Sobre a presencia de Gonzalo Torrente Ballester  no momento da súa detención convén facer reflexión, cuando hai quen cree que existía rivalidade literaria entre ambos e animadversión por parte do coñecido escritor ferrolano. Guimarey foi paseado catro días más tarde. Fusilado no antigo campo santo de Canido  o 29 de Setembro de 1936.
Conta a miña familia que o día da súa morte, aínda co cadáver quente, botado na fosa común e polo tanto no sabemos onde está o seu corpo, o conxunto de falanxistas que o foran  buscar a casa da miña bisavoa Esperanza, súa irmá, con todos seus familiares chorando súa morte, colocaron un organillo debaixo da ventá da mesma casa e puxéronse a celebrar unha festa.
Meus bisavós Esperanza Guimarey e Pepe Ceniza foron ó cárcere polo mero feito de ser familiares directos deixando as irmáns do meu avó Pedro (chamado así en recordo de Guimarey) Fina y Marina na rúa sen familia e as cales os veciños do barrio de Canido as alimentaban como podían.
Moitos anos despois, meu avó cando entrou de aprendiz na Bazán non o deixaban entrar a traballar dentro das fragatas por levar o apelido Guimarey, soamente o deixaban traballar nos talleres ata despois da transición e o tiñan moi vixiado. 
 
Valoración literaria.
Guimarey foi un ferrolán novo con verdadeira vocación literaria. As obras anteriores a Nido de Esclavos apuntaban boas maneiras, destacando o dominio do léxico e das imaxes literarias. É superado con Nido de Esclavos, onde consagrase coma un gran literato, un escritor verdadeiro.
Tratase dunha novela que podemos encadrar na corrente do realismo social, é dicir, dotada dun forte compromiso ético e ideolóxico, de denuncia, tendendo máis ao pesimismo que á exaltación. Outras a clasifican  como unha literatura proletaria.
En realidade, o hilo argumental da obra é o máis débil da novela e máis ben parece a escusa para encadear varios escenarios.
O director das Irmandades da Fala, en Coruña, Antón Villar Ponte, fixo unha crítica nun xornal sobre a súa literatura que dí o seguinte:
“Para tratar un conjunto de crónicas noveladas, una revista de paisajes morales, con una tendencia ideológica muy generosa, aunque pueda adolecer de una tanto simplista. La excesiva juventud de Guimarey tiende a hipertrofiar su fina sensibilidad literaria, pero no se puede negar su capacidad para captar la realidad circundante con ojo crítico y plasmarla con todo rigor.”
 
 
Por último vou falar sobre a verdade de Pepa Andrea, a única obra teatral que escribiu.
Pénsase que a autoría da obra é conxunta con Pérez Parallé cando non é certo, xa que Guimarey é o único creador da obra teatral. Pérez Parallé foi uns dos amigos máis cercanos e o que fixo na memoria do seu fusilado amigo, foi intentar que ésta fora representada. A obra foi estreada en Santiago.
Para que non quedara ningunha dúbida da autoría da obra, Pérez Parallé deixou escrito polo seu puño e letra nunha das páxinas dun exemplar as siguientes palabras:
A Pedro Guimarey o úneco autor e facedor de Pepa Andrea, quer n’estas liñas cheas de sinceridade e afogantes por unha dôr profondosa, pedirlle coma un consello e coma home perdón po-las verbas aldraxantes, fedorentas que lle dixo, po-lo roubo que quixo facerlle da súa creazón”
 
Espero que con isto alguén máis saiba quen era Pedro Guimarey e sobre todo que as víctimas do franquismo
nunca  sexan esquecidas.
Alba Deibe Ceniza.
 
 
 
 
 
 
 
 
 

 

luns, 2 de novembro de 2015

Tempo do Samaín

Estamos en tempos do samaín ,na nósa terra, noites de espíritos, cabazas lendas de mortos...
Moita xente non sabe de onde ven realmente ésta celebración, e procede das nosas terras celtas, dos nosos antepasados. Vouvos contar como comeza e que seguimos a manter destes días máxicos...

mércores, 28 de outubro de 2015

Raices Galegas

Todas as culturas e pobos tiveron una civilización anterior a que soe marcar bastante aos novos poboadores (nós) e as súas costumes.
Pero cales son os restos que predominan na nosa terra?  Que é o que temos en Galicia?
Imos ver...

Os Restos

Os máis espectaculares soen ser os romanos como a muralla de Lugo, pero uns dos máis importantes que temos en Galicia son os restos Celtas. Entre estos restos  temos varios moi importantes a nivel europeo e incluso mundial como os castros de Monte Tecla ou o Castro Baroña.


Súas casas son moi características e se diferencian rápidamente do resto de culturas. Súa principal característica é que son casas de pedra de forma circular e co tellado de palla, soen tener na parte de fóra una especie de forno.

Quenes eran os Celtas e que diferenzas tiñan co resto de culturas do momento??
A palabra Celta orixinalmente significaba “heroe” e se críase que este é o origen de esta ampla cultura. Extendéronse polo centro de Europa, as Galias, Britania e Iberia, transmitindo seu idioma e costumes as distintas poboacións que conquistaron.


Dende ésta época nos contan historias que teñen que ver cos celtas e teñen relación coa naureza. Paisaxes preciosos nos cales o ruido do vento ao cruzar o bosque crea un son fermoso, o ruido da auga das cascadas, a furia do mar ou temas moi utilizados nas súas lendas crean un ambiente apropiado para que aparezan personaxes máxicos.

Idioma e Costumes

Hai un falso mito no que se di que os celtas eran un pobo agresivo, e non é así, caracterizábanse pola súa lealtade e orgullo na loita e ao mesmo tempo polo seu don coa música, a poesía e a filosofía. Desta cultura saen instrumentos moi importantes na nosa terra como a gaita. Curiosamente en Galicia manteuse moito esta cultura musical.

                                                        
A raza de celtas que vivía primeiro en Galicia, era conocida como “Brigante”, deulle nome a Brigantia (actualmente A Coruña). Como xa sabemos esta raza entrou en Galicia polo mar de Irlanda e dise que a actual Torre de Hércules foi construida para avisar aos barcos pero ao mesmo tempo para poder ver dende a sua punta máis alta súa tierra de orixen, Irlanda xusto en frente mirando hacia o mar. Gustaríame saber máis  acerca de la vida diaria, a relixión ou a organización política dos celtas, pero o que sí pódese ver é que existen costumes que permanecen ata os nosos días.
 
As características da súa civilización

As mulleres nesta cultura están moi valoradas polas labores que realizan e por ser as causantes da vida humana, encárganse sobre todo das labores da casa e fan tareas como artesanías e a agricultura . Como na actualidade os celtas no consideraban a la mujer por debaixo do home. Podían escoller aos seus amantes e a virxinidade non era un papel tan importante como sí o é na cultura cristiana o musulmana. Para a época na que viviron eran una cultura moi avanzada neste sentido e parecida a actual, na que a muller que era madre, era vista como unha diosa protectora. Outro dos rasgos que sorprende da cultura celta, é que la liberdade é importantísima, polo que apenas existían excravos.
Os inimigos dos celtas chamábanlles "Os fillos dos ventos" e o seu orgullo era tan grande que preferían morrer antes de ser derrotados.

Que comían???
Outra caraterística deste pobo era que lles encantaba comer ( quizáis por iso os galegos somos de tan bó comer...), de la cual hemos heredado gran parte de manxares. Facían unha especie de cervexa realizada con trigo e mesturada con mel. En épocas de paz facíanse grandes festins  nos que se xuntaba todo o pueblo. Estes festines sempre eran animados con liras, gaitas e  instrumentos e cantábanse cancións con temas relacionados con amores tráxicos e heroes que morreron nos seus combates.
Para comer utilizaban os dedos. O máis común era o xabarín , a vaca, cerdo e boi . En vez de patacas  acompañaban seus pratos con mantequilla, queixo, mel e castañas o mel, e sempre acompañado de cervexa ou licores de herbas.
Como podedes ver,as súas costumes non están tan afastadas das nosas como poderiamos pensar, seguimos a celebrar festas coma eles nos solsticios, por exemplo o Samaín (propiamente celta, non o americano Hallowen) , para dar a venvida ao inverno e despedir o verán. Tamén mantemos a súa música, en maior ou menor medida, pero séguese a cultivar e a producir ese xénero.

sábado, 24 de outubro de 2015

Os nosos mouros e mouras

Na nosa terra, en tempos pasados existiron os mouros e as mouras, e ainda que poidamos pensar que son o mesmo ser non é así, hai unhas poucas diferenzas e antes de nada vouvos a aclaralas:
Cada un ten una función distinta e polo tanto non os debemos confundir nin pensar que son os mouros os acompañantes masculinos dás mouras.É certo que as súas aparicións teñen lugar nos mesmos lugares, nos castros.
Os mouros básicamente eran unha raza de seres ancestrais mentres que as mouras formaban parte do chamado mundo dos espíritos da natureza. Nos mouros era máis importante o aspecto colectivo, de raza, mentres que as mouras o que predominaba é a individualidade e o sobrenatural.
Xa que temos aclarado isto, vou empezar a falar deles!!

Quen son?     

Os mouros son, según as lendas que nos contan , os constructores dos castros, petroglifos, rocas, covas... Son un pobo máxico que hoxe está agochado baixo terra. Ao meu gusto, son os máis antigos habitantes de Galiza.

Como somos un pobo celta e é algo que me fascina, case todos os seres da nósa cultura teñen conexión coas culturas célticas do norte de Europa, como por exemplo, os mouros son comparables cós Pictos escoceses e os Fennianos irlandeses.
A mayoría dos personaxes, os mouros, viven asociados a algún monumento megalítico, coñecen onde están escondidos todos os tesouros, e a moitos deles tamén asóciaselles a construcción do monumento.





Pregunteille a miña avóa se coñecía alguna lenda de mouros e como non era de extrañar, era así. Contoume que preto de onde vivían os seus avós, había unha pedra moi grande case arriba de todo do monte onde ninguén atrevíase a ir, e que isto era así por mor de dúas mouras que habitaban preto dela.
Nesa pedra, as mouras dicía a xente que eran moi fermosas, e tamén dician que se convertían en serpes... Dín que éstas dous mulleres gustáballes baixar as festas que se facían no pobo, e cando regresaban ao monte acompañadas dalgún mozo ( a súa fermosura facía que todos os mozos do pobo quedaran embelesados con elas) ao chegar un pouco antes da pedra, as mouras parábanse e non deixaban que os mozos as acompañaran máis aló. Un día, un destes pretendentes non fixo caso e seguiunas ata a pedra sen que elas se deran conta, e o rapaz quedou moi sorprendido cando viu que as mouras que acompañara esa noite,  se transformaban en terribles serpes e desaparecían na peneda....
Tamén as xentes contaban que outra vez unha destas mouras díxolle ao seu pretendente que era víctima dun feitizo e que debía axudala a romper co encantamento. A moura díxolle ao rapaz que a seguise ata a pedra e que pasase o que pasase, non se asustara. Así o fixo o mozo, pero tan pronto chegaron a pedra, a moura transformouse en serpe e amousouse ante el con repugnante mal olor e un carabel nos beizos. O rapaz asustado, saíu correndo sen cumprir a súa promesa e axudala a se desencantar.
 
Hoxe en día os mais maiores pensan que esas dúas mouras seguen a habitar polos montes xa que ningún rapaz conseguiu desencantalas.
Miña avóa díxome que esa pedra da que me estaba a falar estaba no monte de Chamorro, un monte que está entre o centro da cidade de Ferrol e Cobas. Enseguida intereseime ao dicirme que nesa pedra había uns debuxos e dinme conta que tratábase dun petroglifo.


                                                                         
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

 

luns, 5 de outubro de 2015

As miñas costas

O fin de semana decidín rodear a costa da miña cidade, e puiden comprobar que temos moi preto de nós lugares fermosísimos, os que moitas veces non somos capaces de apreciar o suficiente ou que simplemente no lle damos o valor que realmente teñen.