Trata en torno a Juan Luis, un rapaz e concienciado médico que amáis
escribe nunha publicación local e súa moza Susana. Ambos viven na casa de
Juan xunto a súa irmá. O evidente amor entre eles non cuadra
xq que Juan Luis, incapaz de renunciar aos seus compromisos non quere atar a
Susana aos mesmos e non confía na capacidade dela de adaptarse a unha
situación de compromiso compartido entre o amor a unha persoa e a lealdade a
uns ideais.
Establécese unha evidente similitude entre Pedro Guimarey, que era practicante e
director do seminario Renovación e o protagonista, Juan Luis, médico e
articulista de prensa.
Na novela, Juan Luis acude a dar clases a unha Escola. Ao entrar saúda coa
siguiente frase:
-
“Salud y Libertad, Señores y Señoras”
Evidentemente
é unha alusión á “Escuela Racionalista de Ferrol”, de tendencia anarquista e librepensadora onde prestixiosos mestres daban unha ensinanza técnica. Guimarey impartiu algunha clase nesta escola.
Denunciase a hipocresía das señoras de ben, que en público rechazan o
pescado ofrecido polas pescadeiras por ser de pouca calidade, pero que logo
mandaban ás criadas a comprar “para el gato”, sardinas e outras especies en
cantidades excesivas para o consumo dun animal. Isto era moi típico do
Ferrol de esos anos. Tamén denunciase o dano que ocasionaba o alcohol ás familias proletarias, ata o punto de introducir na novela
un debate acerca das novas leis europeas que esterilizaban aos tarados,
aínda que Pedro non o defendía. Sen embargo cuestiona a
conveniencia de que pais alcohólicos teñan fillos.
Aparecen
outros elementos típicamente ferrolanos como o infantilismo das señoritas
que aspiran casar cun tenente porque “llevan uniforme”. Estas críticas
eran bastante frecuentes na prensa ferrolana de izquierdas.
Na cidade da novela aparecen uns estaleiros, nos que os obreiros andan en paro
por falta de pedidos, como en Ferrol. Na cidade hai conflitos, choques de
clase e enfrontamentos entre anarquistas e socialistas. Juan Luis defende
tanto a socialistas como anarquistas, tal e como facía Pedro Guimarey na
vida real.