martes, 17 de maio de 2016

Galicia para min?

Ao principio de curso, cando comezamos a asignatura, Manolo, o profesor, mandounos facer unha pequena redacción onde tiñamos que escribir o que era Galicia para nos, e agora, a unha semana de rematar o curso, parece que temos que rematar da mesma maneira, sí, da mesma forma, pero polo menos para min pensando cousas distintas de Galicia das que pensaba ao comezo de curso. Ben é certo que todo o que puxen na redacción de principio de curso sigo a pensalo, que é o meu fogar, onde nacín, crecín e foi marcando a miña personalidade, que é un lugar precioso, cheo de praias impresionantes e fermosas, que se come moi ben, que temos unha natureza limpa e pura, o noso camiño de Santiago, a xente riquiña... sí, é certo, pero todo isto poderíao dicir calquera persoa que collese unha guía turística e vira as fotos das praias e bosques, ou ben un turista que ven pasar uns días e non fa máis que comer pulpo á feira e albariño.. Pero esta asignatura ensinoume a ver o outro lado de Galicia, o que non todos coñecemos, non soamente os de fóra, senón tristemente os propios galegos. Axudoume a coñecer o pasado de Galicia fora dos tópicos de sempre e tamén a ver cousas da actualidade que tiña delante dos ollos e non sabía delas.
Coñezo a existencia dos primeiros galegos, como vivían, os seus rituais, e a súa intelixencia...aprendín que Galicia é un lugar cheo de cultura excelente e que temos uns artistas moi valorados fora das nosas fronteiras, podemos falar de boa cultura en todos os ámbitos: musica, teatro, audiovisual, danza, pintura... Coñecín o pasado dos familiares que xa non están con nos e aprendín a valorar o seu esforzo, que grazas a eles e a súa loita temos o que temos hoxe en día.




xoves, 12 de maio de 2016

Xa rematando o curso, o profesor deixa que os alumnos fagamos unha entrada de tema libre, e eu, despois de pensar e pensar, decidín facela sobre algo que tivo importancia nos meus antepasados e que marcou a ideoloxía da miña familia, a segunda república, pero vou falar, concretamente do que aconteceu en Ferrol e non facer o tópico de falar sempre a niveis xerais, de España concretamente, senón da miña cidade en Galicia, na que eu vivo. Deixoume a miña tía un libro que fala de Ferrol nesta época e adentreime nel para sacar a información que mostro aquí e pareceume a máis interesante.

 O 20 de abril de 1931 as 11 da mañá elixiuse o primeiro alcalde de Ferrol da segunda República xa que Quintanilla o facía como interino dende a tarde do día 14. Cando remata a votación procédese ao reconto de votos é o resultado é: Jaime Quintanilla Martínez (Socialista) obtén 24 votos, segundo Cotovad (Republicano) con 3 votos e dous papeletas en blanco. Entón quedou proclamado Quintanilla Alcalde-presidente do Concello de Ferrol. O alcalde cando tomou a palabra dixo o seguinte discurso:
- Ao ocupar este posto ao cal tráenme os votos dos representante do pobo, afastareime dos tópicos nestes casos. Neste primer concello da república vimos a traballar, por iso debemos ahorrar palabras e ser pródigos nos feitos. A revolución non so se demostra nas cousas, senón nos conceptos e por iso estimo que o traballo non é pesada a carga, pois glosando o pensamento filosófico, han de aceptar as novas xeracións, o traballo coma un xogo, feito coa mesma alegría e ilusión que no xogo corriente da vida, sobre todo se se ten en conta que o noso traballo agora vai ser un traballo creador e estarase informado da alegría que produce todo feito  de creación. Nestes momentos nos que o pobo logrou rematar coa putrefacta e maldita monarquía, noso deber primordial é consolidar a república. Fago mía as aspiracións da clase traballadora no que se refire á política municipal, cuidando especialmente os intereses desta clase e en todo caso os esenciais do pobo. ¡Viva a República!
Case como os discursos dos nosos políticos de hoxe en día... A partir de ahí comeza unha nova etapa de cambios na política, cultura e sociedade que prolongarase durante seis anos.

ELECCIÓNS MUNICIPAIS DO 14 DE ABRIL DE 1931, NÚMERO DE CONCELLEIROS EN FERROL

ELECCIONES A CORTES CONSTITUINTES DURANTE A II REPUBLICA, NUMERO DE DIPUTADOS POR PROVINCIA
 
 

 Acta municipal na que se proclama a II República en Ferrol, 14 de Abril de 1931.
 
 
Manifestación popular delante de Capitanía celebrando a proclamación da II República.

OS PARTIDOS POLÍTICOS
O PSOE
A sede do partido estaba sito no "Centro Obreiro" na plaza de Pablo Iglesias, nº4. Ademáis da sede central do partido existían os "Círculos Socialistas" de Esteiro, Canido, Centro e A Graña, que chegaron a contar entre os tres con case 400 socios.
Está dirixido por varios comités, dende 1931 a 1933 seu presidente será Modesto Baamonde e Marcial Fernández, como secretario, de 1933 a 1934,  ocupa a presidencia Francisco Giménez Rodríguez e a secretaría Alfonso Quintana, e por último ata 1936 Joaquín Vázquez Galán.
"El obrero", será o semanario portavoz da agrupación e defensor da clase traballadora.
O "Grupo Femenino Socialista", fundado en 1926, recupera súa actividade en mayo do 33 e será presidido por Toribia Iriarte e no 36 chega a ter 120 afiliadas. Celebraban numerosas conferencias relacionadas co problema da muller e fundan unha Biblioteca Proletaria.
O PARTIDO REPUBLICANO FEDERAL
El partido constitúese en Ferrol en 1913, entra en coalición cos socialistas no concello e nas cortes, en cambio a partir do 33 inicia un acercamento a dereita. En Ferrol foi o segundo partido máis votado tras o PSOE. Os mellores resultados os terá nas eleccións a cortes de novembro de 1933, sendo o partido mais votado na provincia.  A  progresiva derechización do partido, en coalición coa CEDA vai suponer a división no partido e créase o Partido Radical Demócrata dirixido por Pedro Guimarey, o tío do meu avó ao que lle teño unha entrada dedicada a él anteriormente.
ORGA
Tratábase dun partido rexionalista e republicano, fundado en 1929 na Coruña polos seguidores de Casares Quiroga e os nacionalistas republicanos de Vilar Ponte. Seu gran obxectivo era a creación dunha república federal, que dera unha ampla autonomía para Galicia. A sede do partido estaba na calle María nº81, e chega a contar con 225 afiliados. Seu presidente en Ferrol foi un periodista moi famoso na época, José López Bouza.
Estos son os mais importantes na época en Ferrol, pero a diversidade de partidos era moi ampla: Coalición monárquica, Izquierda Republicana, CEDA, Partido Comunista, Falange española, Partido Galeguista.

Convocatoria do congreso provincial do PSOE
 
 

Órgano da Agrupación Socialista de Ferrol
 


Selos de diferentes organizacións sindicais na II República

CULTURA
O que atopei mais representativo da época foi o Ateneo Cultural de Ferrol Vello. Foi fundado en xuño de 1934, no barrio de Ferrol Vello, creado por militantes anarquistas locales. Súa sede estaba na calle da Merced nº7, e o seu presidente era Francisco Filgeueira. A súa primeira actividade foi estrar unha obra de teatro, "Triunfa el amor" de autor anarquista e representada no Jofre, representada polo cuadro artístico  do  Ateneo Cultural.
Ao largo dos seus dos anos de historia, impartíanse numerosas conferencias no seu local, entre os conferenciantes estaba Pedro Guimarey ou Francisco Iturralde, moitas destas conferencias ían aos mais novos, para lograr unha formación con libertad, polo tanto, crean a "Escuela para la infancia" dirixida por Pedro Guimarey.

Selo do centro obreiro de cultura
 
 
 
 
Libro sobre o espiritismo editado polo Ateneo Ferrolano en 1933
 

 



 

martes, 10 de maio de 2016

2044

No ano 2044 vainos cambiar a vida dunha maneira sorprendente, manexada principalmente polos avances tecnolóxicos que nos axudaran a ter unha vida máis fácil, aquí deixo uns dos inventos mais destacados e que estudos recentes non descartan que podan chegar a existir.

NA MESA
Utilizaremos microchips chivatos, todos os que levarás na ropa medirán as túas constantes vitais e, por exemplo, se estamos bebendo alcohol, cando nos esteamos a pasar estos chips avisarannos.
Dende que en 2013 fíxose a primeira hamburguesa artificial, os productos dos que nos vamos a alimentar estarán feitos no laboratorio. O último nas navidades do 2044 serán as pezas de animais extinguidos como a carne de tigre de dentes de sable.
Xa non teremos que facer eso que odiamos todos, poñer e quitar a árbore de nadal. O que se vai levar en decoración navideña serán aplicacións para lentillas intelixentes que permitirán recrear un ambiente navideño en realidade virtual e quitar esas lentillas cando remate o nadal.
Non teremos que ir ao supermercado a mercar o turrón, unha impresora 3D producirá o turrón según  a receta dos Jijona. Con soamente cargala dos ingredientes, a maquina pondrá sobre a mesa o turrón. Inventouse xa que a maioría da xente nova marchou ao estranxeiro e non teñen ao alcance o turrón.
Un avance importantes será a última versión de Skype na que te permitirá ocupar unha silla co teo holograma.
Cando comamos uns cubertos intelixentes nos permitiran comprobar a cantidade de calorías que esteamos a inxerir, e desta maneira saber cando queremos para de comer ou non.

NA CIDADE
Imos ter centros comerciais virtuales. As marquesinas de espera do transporte público dentro de 30 años serán interactivas, permitirán marchar de compras mentres esperas, xa que ofrecen o que saben que necesitas e poderás pagar con só guiñar un ollo.
O ave, será o transporte máis importante. Viaxaremos por tubos baixo a terra a 1.220 kilómetros por hora en cápsulas de 28 pasaxeiros.
Levar un móvil  será una moda vintage. Os dispositivos electrónicos os levaremos nos nosos ollos ou tatuados, con eles interactuaremos, terán pantallas proyectadas coas que nos entenderemos a través de impulsos cerebrais ou con xestos.
 Todos aqueles que temos problemas coas chaves, non nos teremos que preocupar máis, levaremos microchips que lerán rasgos persoais, como os latidos do corazón ou a forma de andar, cos que abrir a porta de casa ou tamén facer unha transacción económica.
Os coches se conducirán por si mesmo, irán sos ao taller e tamén a pasar a ITV, despois de deixarte no traballo e levarán pilas recargables. Ademáis vanse comunicar entre eles para realizar traxectos no menor tempo posible evitando os atascos, que xa non existirán.


CANDO SAÍMOS DE FESTA
Imos ter un hielo súper resistente, xa non se aguarán as bebidas e non perderán o seu sabor. Baixo as botellas haberá un chip que contén a información, estarán sobre estanterías intelixentes nas que a información da botella queda rexistrada e sabe que botellas se están a consumir máis, cales menos e cales están esgotándose.
Cando vaias a entrar nun pub, podrás consultar canta xente hay no local a o que te dirixes, a media de edad do aforo, e o porcentaxe de homes e mulleres, e as probabilidades de encontrar parella.
Haberá copas cun chip que cando brindemos con alguén que hemos brindado con el  e conocido nesa noite, intercambiará tamén nosos perfís nas redes sociais, para que se siga en contacto se se quere.


NA CASA
As paredes van respirar, limparán o noso ambiente de malos olores e contaminación, poderás levarte a rúa unha versión portátil para que te proteja.
A impresora 3D vai ser un básico, fabricará todo o que se rompa en casa para repoñelo.
Cando non queras ir a oficina poderás crear unha sala virtual con pantalla compartida en casa coa que traballar con xente a kilómetros de distancia, poderás aparecer alí en holograma, como si estiveses presente.
Non teremos que limpar, un exército de drones en miniatura limparán a nosa casa e absorberán o po de todas as habitacións.


NO  MÉDICO
Vai ser difícil atopar a auxiliares repartindo medicamentos ou facendo camas, este traballo o farán robots.
Nos, ao menos problema podremos facer un chequeo ao noso sistema corporal, como fan os coches, para detectar fallos.
Poderemos implantarnos extremidades que nos dean máis habilidades para axudarnos, por exemplo, a levantar mais peso.
Existen as chamadas bioimpresoras que son capaces de fabricar calquera órgano que necesitemos cambiar, entón, tamén poderán facerse variacións para ter, por exemplo, un corazón mais forte.
 
 
 



 
 



 
 

sábado, 23 de abril de 2016

30 anos mais tarde...ben ou mal?

Neste novo traballo teño que maxinar como vai ser o mundo no que vou vivir dentro de trinta anos, buscando información puiden darme conta de que que respecto a poboación, as costas, a natureza...etc., as cousas van cambiar moito en Galicia, e a maioría delas non especialmente para ben. Temos que concienciarnos de que debemos cambiar moitos dos nosos hábitos para intentar mellorar o noso mundo nun futuro e non empeoralo.
En trinta anos, cando sexa unha persoa adulta seguramente non estea a vivir en Galicia, estarei buscando novas oportunidades de traballo xa que non viviran na miña terra persoas novas, non andarán polas rúas nenos e nenas xogando, senón que haberá un envellecemento da poboación. Os meus fillos aprenderan o galego fóra da terra e eu contareilles o bonita que era dende outro lugar.
Contareilles tamén como eran as praias as que iba de pequena e nova, praias que eran paraísos naturais no medio dos montes, cos areais sempre limpos, o mar non contaminado onde podía tomar uns baños xeniais e a unha temperatura moi agradable, non me poderán creer xa que moitas delas desapareceran, a as outras serán espazos protexidos onde non poderase visitar sen pedir unha visita antes. Nunca máis poderase disfrutar de xogar ao balón, as palas, as cartas, a tomar o sol, a dar un paseo a veira do mar....
Tampouco vanme creer cando lles conte a cantidade de bosques que había na Galicia dos meus tempos porque non quedará case ningún, e os que quedan están totalmente abandonados xa que por causa dos incendios, que cada vez danse con máis frecuencia, a poboación marchou as cidades porque o lume chegaba ata as súas vivendas destruíndoas.
Vai facer máis calor, van a subir as temperaturas dous grados mais, consecuencia do cambio climático que vai afectar moito a Galicia. Nos non nos vamos a enterar moito pero os veráns van ser moito máis secos e os animais e o medio ambiente si que o van notar moitísimo...
Finalmente tamén contareilles aos meus nenos esos animais que eu vía co meu pai cando era unha nena. Moitas das especies animais que coñecemos agora van desaparecer.

Deixo un prezi cos datos que me fan pensar deste modo:


sábado, 16 de abril de 2016

A nosa música

Dinme conta de que na época entre o franquismo e a transición, os grupos de cancións protesta soamente chegaban a intelectualidade galega que tiña relación e interese con estos grupos de música. Había moitos cun alto compromiso social, pero houbo unha excepción, que tamén chegou a emocionar as xentes da Galicia de orixe rural, non foi o único pero sí o que máis éxito acadou, Fuxan os ventos.
Ao principio da súa carreira o repertorio foi elaborado a partir da música folk universal , acercándose cada vez máis cara á música popular galega. Foron de pobo en pobo, preguntando a xente, e sentando nas lareiras cos vellos e vellas, recollendo cantigas dos lugares e incluíndo temas de composición propia as veces.
Por motivo da época na que estaban foron adquirindo un compromiso social importante que plasmouse coa canción protesta e de poemas doutros autores, reivindicando a oposición á dictadura e de defender o pobo, o idioma e unha cultura propia.
Neste grupo destaca  a voz e as letras das cancións. As letras podían ser de poetas galegos ou ben propias. Falaban de moitas cousas: reivindicativas (a inmigración, a autonomía, a ecoloxía, a pobreza..) , tradición oral coa que tivo contacto o grupo.. Moitas veces os dous aspectos mesturábanse, aínda que pola época o só feito de cantar en galego podía ser xa un xeito de reivindicación.

Ésta é unha das letras das súas cancións que máis gustoume, na que o autor fálalle a un bebé, que é o pobo galego, dicíndolle que vai recoller no seu futuro os froitos dunha Galicia esperanzada.


Durme meu neno, durme,
sen máis pranto,
que o tempo de chorare,
vai pasando
Que a terra na que vives,
no que bágoas,
precisa homes inteiros,
pra liberala.
Durme meu neno, durme,
colle forzas,
que a vida que che agarda,
pide loita.
Recollera-lo froito
sementado,
no inverno escuro e frio,
no que estamos.
Semente feita en sangue por un pobo
que xurde dende a hestoria, dende o sono,
un sono cheo de aldraxe e miserento,
un sono de inxusticias e silencio.
Mira a língoa que falo, despreciada,
por ser língoa de probes, língoa escrava,
son o orgullo que temos, língoa de probes.
Só neles hai verdade e máis honores.
Durme meu neno, durme, niste colo,
que esta terrra de escravos non tén odio.
Tén séculos de espranza, agardada,
que pón hoxe nos fillos que amamanta.


Outra das voces que me chama a atención e a de Mercedes Peón, e non só musicalmente senón como persoa. Está considerada como unha das mulleres máis carismáticas da música actual. Aos 13 anos escoitou cantar a varias mulleres da costa da morte, recolleu cancións, bailes, contos e vivencias da xente dos pobos que ía a visitar. Todo o que aprendeu transmitiuno na ensinanza, nas escolas municipais e máis adiante en universidades como a Sorbone, o Porto, País de Gales...
As súas composicións son moi variadas, mestura diferentes ritmos incluso os ancestrais.
Expresouse sempre libremente, facendo música independente e coa súa propia identidade chegando a facer unha música electroacústica coa que se coñece dentro e fóra das nosas fronteiras.
Os seus últimos traballos teñen case todos relacións coa danza xa que colabora con compañías. Entre estos últimos traballos está a composición da música "O kiosco das almas pérdidas" do Centro Coreográfico Galego.


mércores, 13 de abril de 2016

Mulleres no audiovisual galego


Intereseime polo tema do audiovisual galego xa que quero estudar algo en relación a isto, e atopeime unha noticia na que se falaba concretamente das mulleres. Hai uns anos creouse unha asociación co obxectivo de darlle importancia e valorar o traballo das mulleres no sector audiovisual. Chámase CIMA e conta con delegación en Galicia. Entre as actividades que se fixeron e se fan destaca a de denunciar os incumprimentos en materia de xénero, apoiar a Administración para que realice políticas que promovan a presenza feminina no sector. Organizan unha mostra de cine con filmes dirixidos por mulleres que se proxectan en cidades diferentes repartidas por toda Galicia. A delegada en Galicia é Chelo Loureiro e, como suplente, Marta Villar.
Despois de mirar diferentes noticias dinme conta de que temos na nosa terra mulleres no audiovisual moi boas, con moito potencial e sobre todo recoñecidas con premios fora das nosas fronteiras.

NEREA BARROS.
É actriz, naceu en Santiago de Compostela, vinculada á compañía galega Nut Teatro, debutara no cinema moi nova na longametraxe Nena. Con experiencia en teleseries autonómicas e estatais, traballou en diversas producións de Xamalú Filmes. Pola Isla Mínima recibiu en 2015 o premio Goya á actriz revelación.
A parte ten cursos de danza, é percusionista, estudou cabaré, interpretación, teoría do teatro, actuación diante da cámara e preparación física de intérpretes.
MARGARITA LEDO
Directora, é de Castro de Rei, Lugo. Directora cinematográfica, escritora e profesora catedrática de Comunicación Audiovisual da Universidade de Santiago de Compostela. Ten publicado numerosos traballos de investigación sobre o sector audiovisual, nos que entre outros eixos destacan as culturas minorizadas e o formato documental. Dirixe o Observatorio do Audiovisual Galego (ODA), preside a Federación Lusófona de Ciencias da Comunicación (LUSOCOM) e a Asociación Galega de Investigación en Comunicación (AGACOM), tamén pertence a comisións executivas e consellos editoriais de diversas entidades e publicacións. Respecto á súa formación é Doutora en Ciencias da Comunicación pola Universitat Autònoma de Barcelona e foi investigadora asociada no Département d’Etudes Cinematographiques et Audiovisuelles de Paris. Recibiu o Premio Nacional de Cinema e Audiovisual (Xunta de Galicia, 2008).
ROSA CASTRO
Guionista de Foz (Lugo) . É unha das guionistas máis importantes da televisión galega. Fixo á vez na TVG os labores de presentadora, directora e redactora de programas informativos, divulgativos, de entretemento e culturais. "Cousas da Lingua", "Vivir Aquí", "Mira que vén", "Tango" ou diversos "Telexornais" foron algúns dos seus espazos. Actualmente é a presentadora e redactora do informativo "Galicia Noticias Serán". Comezara no eido da ficción como guionista en 1997 con "Mareas Vivas". Desde entón participou en prácticamente todas as series galegas, como dialoguista, argumentista, editora e directora argumental. É autora de diversos guións cinematográficos e teatrais. Tamén foi profesora Profesora de Guión e Edición Audivisual na Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigo.

CHELO LOUREIRO
Ésta productora é da miña cidade, Ferrol. É responsable da división de animación da produtora galega Continental, ten experiencia no campo da xestión cultural e dos medios de comunicación (La Voz de Galicia, Grupo Sargadelos, Grupo La Capital), así como no eido da produción executiva (Lúa Films), tanto a nivel estatal como internacional. Ademais desde 2008 conta coa súa propia produtora, que se chama Abano Producións.

 

domingo, 13 de marzo de 2016

Todos coñecemos os equipos de fútbol máis famosos da nosa terra, e incluso calquera persoa aínda que non estea na práctica do deporte ten, polo menos, un mínimo de coñecemento para levar unha conversa do tema sen ningún problema. Que nos está a pasar? Onde vai o interese pola cultura? e, sobre todo, onde está o interese polo noso e por dalo a coñecer ao resto da xente? Seguindo co exemplo do fútbol, move masas de milleiros de persoas e aínda por riba causa mortes, peleas e problemas entre aficionados por defender a súa camiseta. Onde vai a humanidade? Por que cobran milleiros de euros e os artistas non poden nin sequera, a maioría, vivir da súa arte?
Eu formo parte dunha escola de danza, e sen marcharnos a grandes niveis profesionais vese claramente o pouco esforzo por apoiar esta arte. Os concellos ofrecen subvencións a equipos de deportes cedéndolles espazos para competicións, etc...
 Nós intentamos que a danza chegue a rúa e que calquera O persoa que pase por ela poda emocionarse con nós e coa nosa arte, pero parece que non podemos nunca levalo a cabo xa que nunca nos dan nada. Somos partidarios que o Día Internacional da Danza sea na rúa, non nun teatro para unha xente determinada, que o arte saía a rúa, e nin sequera ofrécennos unha carpa , un escenario ou un equipo de música, teñen que poñelo as escolas do seu propio bolsillo, é unha verdadeira pena.
Gran parte das persoas non sentaron nunca nunha butaca a disfrutar dun espectáculo e non experimentaron as sensacións que éste pode ofrecer, cos movementos expresando os sentimentos do bailarín ou como a música forma parte dun todo que é a danza. Persoalmente, recoméndoo, probádeo.
Como di unha das letras dun dos meus grupos favoritos: " O arte é unha droga aparte que tomas sen saber que che dan"
Un caso de danza un tanto descoñecida, pero que pode chamar a atención aínda que non sexa comprendida, é a contemporánea, a que eu practico.
 A danza contemporánea nace como unha reacción ao clásico e como unha necesidade de expresarse mais libremente co corpo. É unha clase de danza na que búscase expresar, a través do bailarín , unha idea, un sentimento, unha emoción, ao igual que o ballet clásico, pero mesturando movementos corporais da actualidade.
Ao principio buscábase algo diferente á dura técnica do ballet clásico, empezaron a aparecer bailaríns bailando descalzos e facendo saltos menos ríxidos que os tradicionais no escenario. Co tiempo, foron aparecendo variacións nas que á técnica clásica brillaba pola súa ausencia e incluso introducíanse movementos doutras técnicas, como o flamenco, movementos de danzas tribais e ata do ioga.
 Hoxe en día, as técnicas modernas deixan paso a mesturas de estilos, chegando a non deixar claro a que estilo aseméllase ou que patróns siguen. Dícese que na danza contemporánea hoxe en día todo vale.
Unha característica é o uso de multimedia e métodos audiovisuais para acompañar las coreografías, como video e imaxes usadas de fondo.
A danza contemporánea pode falar dun concepto, propoñer un ambiente ou presentar movementos para conseguir unha estética determinada, non sempre teñen que contar unha historia. Por outro lado, a danza clásica constrúese a través de pasos que xa existen  mentres que a danza contemporánea busca o novo e a creación de novas formas de movemento coas necesidades do coreógrafo ou o bailarín. A danza clásica busca o fermoso, o perfecto. A danza contemporánea busca a conexión coa terra, co humano e as súa pasión.
En Galicia a compañía por excelencia da danza contemporánea é a Nova Galega de Danza. Mestura a danza contemporánea coa tradición celta da nosa terra con música en directo.
 

Por outro lado as escolas galegas de danza amateurs, avanzado e pre-profesionais, quedan en moi bos postos nos concursos nacionais españois de danza , compartindo escenario con bailaríns de Madrid, Barcelona.... Estos concursos fan posibles que as escolas relaciónense entre elas e que profesionais da danza e o xurado, observe aos bailaríns que empezan a darse a coñecer.
Miña escola, tivo a oportunidade de participar nun destes concursos, o máis recoñecido aos niveis mencionados anteriormente, ANAPRODE.



 
Recentemente a presidenta en España do CID (comité internacional de danza) da UNESCO visitou Ferrol co motivo do nomeamento de Suso Pérez Lago, o meu mestre, como membro do CID e de paso promocionar a danza na cidade con cursos recoñecidos pola UNESCO.

http://www.diariodeferrol.com/articulo/ferrol/unesco-interesada-abrir-ferrol-delegacion-oficial-do-comite-internacional-danza/20150922224321134642.html

A danza é unha fermosa opción para formar parte de proxectos audiovisuais, e o pasado verán as escolas de danza de Ferrol fixeron un proxecto de fotografía, do que formei parte, que consistía en que fotógrafos da cidade fotografiaran as bailarinas que escolleran en sitios emblemáticos da cidade. Finalmente fíxose unha exposición de fotografía no museo Torrente Ballester.

http://www.diariodeferrol.com/articulo/ferrol/abre-puertas-torrente-exposicion-ferrol-danza-escuelas-ciudad/20150710210859128738.html

 Teatro Jofre

Edificio Rodolfo Ucha 

 Casino de Ferrol

 Teatro Jofre


 
 







domingo, 6 de marzo de 2016

O Ballet Galego Rey de Viana

O ballet galego nace no 1949 da man do bailarín José Manuel Rey de Viana, que dende neno medrou e formouse co obxectivo de crear en Galicia unha compañía coreográfica como as grandes do mundo.
José Manuel Rey de Viana formouse xunto os grandes nomes da danza moderna. Aproveitou a súa estancia en Alemaña para perfeccionar a súa danza clásica e formouse no estudo da danza folclórica mundial.
Cando regresou a Galicia, con Victoria Canedo, a súa esposa e mestra de baile, propúxose darlle a danza galega a importancia que debería ter e sobre todo dala a coñecer e que fose valorada.
Para conseguilo, o coreógrafo comezou recorrendo Galicia e recuperando, respetando as súas características, as danzas autóctonas, lendas tradicionais para facer o argumento das súas obras, e tradicións nas que se amosase o carácter do pobo galego e así plasmalo nos movementos.
Investigou tamén no vestiario das distintas zonas de Galicia a través do tempo. O resultado foi a recuperación dos traxes do século XVIII , de cores vivos, executados en seda e bordados con pedras de azabache.
Os comezos do ballet foron lentos. Non se tiñan locais nin tradición necesarios para o desenrolo dunha compañía desas características. A primeira actuación foi no 1955 na Coruña.
Nos bailes mezclase a danza tradicional co ballet clásico que dominaba José Manuel Rey de Viana; mezcla que vaise convertir na marca orixinal da compañía.
A raíz da actuación, a compañía comeza unha xira por distintos escenarios galegos ata que no 59 recibirá a invitación dun organismo público. Nese ano, o Instituto de Cultura Hispánica de Madrid invita a compañía a participar no festival que leva o mesmo nome.
Despois disto actúan por todo o mundo, tanto como Europa como por América, participando en festivais como o Festival Mundial de Ballet Folclórico en Venecia e actuacións no Pabellón Español da Feria Mundial de Nova York durante tres meses.
Por todo isto recibe máis de 20 premios internacionais e nacionais.
Dende 1971 ata o 1990, a xestión e o mantemento da compañía correspondía á Deputación da Coruña e a partir dos 90 pasa a depender da Xunta. En 1991, co IGAEM ( Instituto galego das artes escénicas e musicais) o ballet galego converteuse no principal á hora da producción de espectáculos coreográficos.  Nesta etapa segue de xira por diferentes cidades españolas, Nova York, Arxentina, Chile, Uruguay...
Cando morre Rey de Viana, para continuar co ballet, a dirección da compañía é asumida pola súa esposa Victoria Canedo, quen ata ese momento ocupaba o cargo de subdirectora. Créanse novas coreografías fieis a identidade do ballet galego dende os seus inicios.
En novembro de 2005, ocupa o BNG a consellería de cultura da Xunta e a directora abandona o ballet por "non corresponder á idea de danza do novo goberno" eliminando e borrando os últimos 56 anos de traballo da historia da nosa danza.
No 2012, antigos bailaríns da compañía loitan por volver a poñer en marcha o ballet, xa que sería tarea ben sinxela xa que a orquesta sinfónica do ballet sigue pertencendo a xunta e o vestiario esta gardado nunha nave. Técnicos e sastras seguen a traballar tamén como funcionarios.
Creouse unha asociación que hoxe en día segue en pé por recuperar unha labor cultural que pódese comparar coas grandes compañías de danza americanas ou rusas e que tiña a marca da nosa terra, Galicia.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2012/01/22/resurge-ballet-galego-rey-viana/0003_201201H22C16991.htm

 José Manuel Rey de Viana

 
 
 Victoria Canedo
 
                                                                    

 
 Traxes nos que a compañía inspirouse para crear o vestiario

 
 
 
          
                                                                                  
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 


 
                                                                                                                            

domingo, 14 de febreiro de 2016

Maquis, a Galica rebelde como pioneira.

Maquis, de onde procede o nome?
A palabra maquis ten unha orixe francesa, pero seguiuse utilizando en Galicia para nombrar ó movemento guerrilleiro. Foi a palabra máis popular coa que nos pobos coñecíase a "os do monte",  ou combatentes contra o franquismo, refuxiados entre as árbores e arbustos da zona rural galega e española.

Quen eran os maquis?
Eran un conxunto de guerrillas antifranquistas de resistencia que comezou na guerra civil.  Moitos dos seus integrantes morreron o foron detidos, outro lograron escapar hacia Francia e Marrocos. O final dos maquis o marcan as mortes de Ramón Viola e José Castro.
Movíanse por zonas montañosas e boscosas cheas de vexetación para poder agocharse. Elixíanas onde puideran contar coa colaboración de polo menos unha parte da poboación porque se non sería complicado manter o grupo en funcionamento. Esta xente que lles prestaba axuda eran coñecidos como enlaces. Dábanlles alimento e escondite cando era necesario, pero sobre todo tamén información. As veces desempeñaban funcións como de correos e outros encargos para as partidas.
Tiñan un carácter político plural como o do bloque republicano, cunha presenza importante dos comunistas, socialistas e anarquistas, pero por diversas casusas o predominio comunista foi gañando autoridad en relación as demais corrientes que había nese momento.
 

 
O territorio dos maquis.
Os pioneiros deste movemento deuse en Galicia e o seu nome foi A Federación de Guerrillas de León-Galicia. A rebeldía foise estendendo empezando por Asturias que elaboraron moitas tácticas entre socialistas e comunistas que despois a través dunha gran rede de enlaces chegaba a Galicia.
No caso do País Vasco o partido comunista apenas tiña implantación popular entre o proletariado da rexión senón que estaba dominado polos socialistas.
Os maquis seguiron a crecer e creouse o Exército da Zona Centro, que formaban parte as comunidades do interior de España.
A Agrupación de Levante e Aragón converteuse na máis importante xa que foi unha creación dos responsables comunistas en Francia e estivo baixo o control directo da dirección do PC.

A Federación de Guerrillas de León-Galicia.
Elixiuse un comité director presidido polo socialista Marcelino Fernández Villanueva, co cenetista Marcelino de la Parra e o socialista César Rios como axudantes. O obxectivo da Federación non era derribar o franquismo mediante a loita armada, senón manter viva a resistencia ata que se fixera a intervención das potencias aliadas que todos daban por segura.
En abril de 1943 editaron o primeiro número do " El guerrillero" ,órgano de expresión da Federación,  impreso clandestinamente.

 Ata 1944 a Federación mantívose aislada dos partidos e sindicatos antifranquistas, tanto do interior como do exterior creando súa propia liña política. Dicíase que os principais dirixentes eran socialistas a pesar de que o PSOE como tal non apoiaba a loita.
A Federación actuaba no oeste de León, no Bierzo, Cabrera...no este de Ourense, en Viana do Bolo, Puebla de Trives, Valdeorras... e o sureste de Lugo, en Fonsagrada e Quiroga.
Vivían do que lles daban  os seus enlaces, e sobre todo dos golpes económicos executados sempre contra persoas afines ao réxime franquista, e cuxo resultado destinábase normalmente á compra de armamento no mercado negro de Portugal.
A guerrilla tamén daba charlas políticas entrando por sorpresa nos pobos, e facía sabotaxes contra os vehículos de liña e o tendido eléctrico.
Os maquis pasaban largar tempadas ocultos en casas de toda confianza, individualmente ou por parellas. Cando o perigo era maior, refuxiábanse na serra do Eixe, territorio libre para os guerrilleiros durante varios anos.


 
 
 
 

domingo, 31 de xaneiro de 2016

Ángel Arenal Cuesta, a súa filla Concepción Arenal.



Son Ángel Arenal Cuesta, un sarxento do exército, estou encontra do absolutismo monárquico de Fernando VII , teño ideas liberais e xa van varias veces que ingreso no cárcere por este motivo, estou moi enfermo e sei que non vou saír máis de aquí. Soamente penso na miña muller e nas miñas tres fillas. Unha delas, Concepción, sei que vai chegar moi lonxe aínda que recoñezo que non vou poder velo. O penso polas súas actitudes e polas conversas que teño con ela cando venme a ver aquí. Cóntolle moitas cousas para que non se de moita conta de como nos tratan aquí aos presos.Vai ser a nai do feminismo español.
Cando eu falecín miña muller e as tres nenas marcharon de Ferrol a vivir coa miña nai en Armaño. Oxalá puidese estar con elas neses momentos xa que morre a miña filla pequena Luisa.
En 1835 marchan a Madrid, e a súa nai decide educar a Concepción e a Antonia nos colexios de boa educación para as señoritas. Non me gusta nada que Concepción discuta coa súa nai pero e unha loita continua dende que María descubriuna estudando pola súa conta cousas que di que son de homes. Dende o meu punto de vista non me parece tan mal...
A partir dese momento ela so pensa en poder estudar na universidade, convertese nun soño. En 1841 falece miña nai e muller polo que todos os meus cartos quedan nas súas mans e os emplea en cumprir o seu soño, ir a universidade e estudar como calquera home e demostrar que as mulleres poden estudar e teñen a mesma capacidade que os homes. Enfrontábase a un gran problema, e era que as mulleres tiñan a entrada prohibida nas universidades, pero iso non lle importa xa que disfrazase de home e consigue colarse nas aulas de dereito. Non conseguiu ningún título porque é algo totalmente inaceptable nestes tempos, pero aproveitou moito súa presenza na universidade.
Na mesma universidade coñece a Fernando García Carrasco, nas clases de dereito. El cando descubre que é realmente unha muller enamorase profundamente dela e das súas ideas progresistas, cousa que non me sorprende xa que a miña filla é unha muller excepcional. Fernando apoiábana en todo incluso nos seus desexos de romper con máis dunha barreira social.
Nos seus anos de matrimonio déronme tres netos preciosos que oxalá puidera coñecer. Foron anos para os dous de enriquecemento intelectual. Miña filla ía vestida como home a tertulias nas que participaba Fernando, e xuntos colaboraron no periódico liberal La Iberia.
En 1857 miña querida nena perde ao seu marido, e é un duro golpe do que vaille costar recuperarse. Viuda e cos meus dos netos marcha a vivir a Potes onde vai coñecer máis tarde a un músico e compositor chamado Jesús Monasterio que co tempo vai convertirse no seu novo compañeiro.
Foi o seu novo marido o que fixo que Concepción interesárase por axudar aos demais xa que Jesús fundou as Conferencias de San Vicente de Paúl e animou a miña filla a que organizase súa rama feminina. La Beneficiencia, la Filantropia y la Caridad, escrita en 1860 recibirá o premio da Academia de Ciencias Morais e Políticas quen nun primer momento cree que deu o galardón a un home, xa que Concepción firmou co nome do meu neto de dez anos. Pouco despois descubriron a mentira, a academia tivo que rendirse á evidencia da calidade do texto da miña filla, aínda que fose unha muller quen o escribiu.
Seguiu escribindo textos relacionados coa axuda á xente que máis o necesitaba parra mellorar súa situación. Foi nombrada Visitadora de prisións e Casas de Correccións de mulleres, xa que de ver a situación na que me tratan a mi no cárcere vaille quedar marcada para sempre e quere loitar por mellorar as situacións dos presos. Amáis de escribir ensayos explicando as terribles situacións destas mulleres creou La voz de la Caridad, un xornal que publicouse durante máis dunha década e que converteuse no testimonio daquelas realidades. Tamén na recién creada Cruz Roja en España tivo a miña filla un papel importante axudando nos hospitais de campaña organizados durante as guerras carlistas.
Concepción dedicou toda súa vida a loitar polos dereitos dos máis desfavorecidos e a intentar eliminar as teorías científicas que facía que a muller era un ser físicamente inferior. Dende súa primeira obra feminista, La mujer del porvenir, a maior das miñas fillas defendeu sempre o dereito da muller á educación como algo moi importante para superar as diferenzas marcadas na sociedade entre o home, superior sempre, a muller.
Xa miña filla moi cansada, con máis de setenta anos, falece o 4 de febreiro de 1893 en Vigo, onde o seu corpo está a descansar.
Orgulloso do que converteuse Concepción podo asegurar que ela terminaba súa vida, pero deixaba as bases do que sería o posterior feminismo nunha España que aínda debería percorrer un longo camiño antes de conseguir a igualdade entre sexos.



 
 
 
 
 
 

domingo, 17 de xaneiro de 2016

Galicia rebelde co movemento " nunca máis"

O buque petroleiro Prestige, enviou un S.O.S a 30 millas de Fisterra.
O goberno intentou dar carpetazo ao asunto ao dicir que aloxaran o problema, concretamente a 20 millas de distancia. Os ecoloxistas dicían frases coma "están agochando o lixo debaixo da alfombra".
Chegou o chapapote a Galicia. A marea negra afectou a 190 km do litoral coruñés, dende Fisterra ata Arteixo. Foi unha catástrofe ecolóxica e económica.
Comezaron a aparecer animais sen vida, totalmente pintados de negro nos areais.
As administracións centrais e autónomas aseguran que os afectados ían cobrar as indemnizacións antes do Nadal. O conselleiro de pesca do momento afirmou "aquí ninguén vai quedar sen turrón"
No norte, a zona máis afectada nun principio, os mariñeiros recollían o fuel das rochas polos seus propios medios, coas súas embarcacións. O ministerio de defensa enviou militares para colaborar na limpeza das praias.
A 260 km das illas Cíes e todavía con 66.000 toneladas de fuel no seu interior, o casco partiu en dúas metades. As 12 do medio día afundiu a popa.
Había grandes carencias de organización e material. O fuel seguiu a continuar chegando e aínda permanecía nas praias contenedores cheos de chapapote. Os concellos non sabían que facer con eles. Ninguén lles daba indicacións. Moitos voluntarios que acudían a axudar non puideron traballar pola falta de medios.
Francia e Portugal, que mantiñan equipos de traballo nas zonas afirmaron que estaban a aparecer manchas novas de fuel, en cambio, mentres en España o vicepresidente, Rajoy, negouse rotundamente a que as manchas fosen novas.
A estas alturas xa fora bautizada como "a gran mancha". Súa avanzadilla estaba a 140 km de Fisterra. Os ventos empuxábana  hacia o noroeste.
A enorme mancha tiña o dobre de tamaño que o municipio de Madrid, e avanzaba a un ritmo de 20 km diarios.
Mariñeiros de Malpica e Porto do Son saían a faenar e regresaban a porto cos aparellos cheos de petróleo, o que afirmaba que o vertido non afectaba soamente á superficie.
Parecía que unha nova chegada de fuel era inevitable e os barcos que succionaban o fuel non podían saír polo temporal.
O gobernos seguíaa dicir que non había vertidos novos.
A marea negra ía chegar con toda seguridade de novo, pero esta vez ameazaba as rías de Arousa, Muros e Noia e tamén o Parque Nacional das Illas Atlánticas.
Centos de mariñeiros e mariscadores traballaron durante toda a noite para armar as súas defensas.
O segundo afundimento do Prestige ameazaba con soterrar kilómetros e kilómetros de costa baixo un espeso velo negro.
"Nestas navidades, turrón de chapapote", "Máis pesqueiros e menos petroleiros", "O do bigote que limpe o chapapote", eran algúns dos cánticos dos 200.000 manifestantes que acercáronse a Santiago para gritar: "NUNCA MÁIS!"
Centos de mariñeiros recollían o fuel do mar con trueis, plásticos, espumaderas xigantes e ata coas súas propias mans.
7000 persoas repartidas en 1200 barcos mobilizáronse ao longo das rías baixas, era unha guerra contra o fuel, un combate "épico, dramático e esperanzador"
As cifras anunciadas por Portugal triplicaban as dadas por Rajoy. Vertíanse entre 30 e 120 toneladas diarias ao mar dende as grietas do buque.
Crecía a indignación e os patróns do Grove e Cangas iniciaron unha folga da fame para esixir mais medidas.
Unha nova marea arrasaba máis da metade das praias galegas, 675.
Os voluntarios dicían cousas como "chegas á praia e parece que o que fixeches o día anterior non serviu de nada".
A prohibición de facer durante 50 días provocou pérdidas de 22 millóns de euros aos mariñeiros e mariscadores.
O portavoz dun instituto francés negaba a teoría do goberno español que afirmaba que o petróleo evaporábase ao chegar a superficie. Enganos e máis enganos...
Francia taponou as grietas do buque pero so era unha solución provisional ata que o goberno español atopase unha solución ao problema.
Miles de persoas seguían a traballar para axudar coa desastre.
A marea continuaba a acercarse e aínda que as praias estaban prácticamente limpas xa, as rochas e o fondo mariño seguían contaminados.
Setenta días despois do accidente, segue a chegar chapapote. Municipios como Muxía, Camariñas e Fisterra reviviron as intensas oleadas dos primeiros días e apareceron completamente asolados por manchas de todo tipo, unhas formadas por fue "novo" e outras procedentes de vertidos que desprendéronse das rochas.
Foi unha verdadeira desastre que aínda está a esperar xustiza, e foi a primeira vez que o pobo galego revelouse e loitou realmente.