sábado, 23 de abril de 2016

30 anos mais tarde...ben ou mal?

Neste novo traballo teño que maxinar como vai ser o mundo no que vou vivir dentro de trinta anos, buscando información puiden darme conta de que que respecto a poboación, as costas, a natureza...etc., as cousas van cambiar moito en Galicia, e a maioría delas non especialmente para ben. Temos que concienciarnos de que debemos cambiar moitos dos nosos hábitos para intentar mellorar o noso mundo nun futuro e non empeoralo.
En trinta anos, cando sexa unha persoa adulta seguramente non estea a vivir en Galicia, estarei buscando novas oportunidades de traballo xa que non viviran na miña terra persoas novas, non andarán polas rúas nenos e nenas xogando, senón que haberá un envellecemento da poboación. Os meus fillos aprenderan o galego fóra da terra e eu contareilles o bonita que era dende outro lugar.
Contareilles tamén como eran as praias as que iba de pequena e nova, praias que eran paraísos naturais no medio dos montes, cos areais sempre limpos, o mar non contaminado onde podía tomar uns baños xeniais e a unha temperatura moi agradable, non me poderán creer xa que moitas delas desapareceran, a as outras serán espazos protexidos onde non poderase visitar sen pedir unha visita antes. Nunca máis poderase disfrutar de xogar ao balón, as palas, as cartas, a tomar o sol, a dar un paseo a veira do mar....
Tampouco vanme creer cando lles conte a cantidade de bosques que había na Galicia dos meus tempos porque non quedará case ningún, e os que quedan están totalmente abandonados xa que por causa dos incendios, que cada vez danse con máis frecuencia, a poboación marchou as cidades porque o lume chegaba ata as súas vivendas destruíndoas.
Vai facer máis calor, van a subir as temperaturas dous grados mais, consecuencia do cambio climático que vai afectar moito a Galicia. Nos non nos vamos a enterar moito pero os veráns van ser moito máis secos e os animais e o medio ambiente si que o van notar moitísimo...
Finalmente tamén contareilles aos meus nenos esos animais que eu vía co meu pai cando era unha nena. Moitas das especies animais que coñecemos agora van desaparecer.

Deixo un prezi cos datos que me fan pensar deste modo:


sábado, 16 de abril de 2016

A nosa música

Dinme conta de que na época entre o franquismo e a transición, os grupos de cancións protesta soamente chegaban a intelectualidade galega que tiña relación e interese con estos grupos de música. Había moitos cun alto compromiso social, pero houbo unha excepción, que tamén chegou a emocionar as xentes da Galicia de orixe rural, non foi o único pero sí o que máis éxito acadou, Fuxan os ventos.
Ao principio da súa carreira o repertorio foi elaborado a partir da música folk universal , acercándose cada vez máis cara á música popular galega. Foron de pobo en pobo, preguntando a xente, e sentando nas lareiras cos vellos e vellas, recollendo cantigas dos lugares e incluíndo temas de composición propia as veces.
Por motivo da época na que estaban foron adquirindo un compromiso social importante que plasmouse coa canción protesta e de poemas doutros autores, reivindicando a oposición á dictadura e de defender o pobo, o idioma e unha cultura propia.
Neste grupo destaca  a voz e as letras das cancións. As letras podían ser de poetas galegos ou ben propias. Falaban de moitas cousas: reivindicativas (a inmigración, a autonomía, a ecoloxía, a pobreza..) , tradición oral coa que tivo contacto o grupo.. Moitas veces os dous aspectos mesturábanse, aínda que pola época o só feito de cantar en galego podía ser xa un xeito de reivindicación.

Ésta é unha das letras das súas cancións que máis gustoume, na que o autor fálalle a un bebé, que é o pobo galego, dicíndolle que vai recoller no seu futuro os froitos dunha Galicia esperanzada.


Durme meu neno, durme,
sen máis pranto,
que o tempo de chorare,
vai pasando
Que a terra na que vives,
no que bágoas,
precisa homes inteiros,
pra liberala.
Durme meu neno, durme,
colle forzas,
que a vida que che agarda,
pide loita.
Recollera-lo froito
sementado,
no inverno escuro e frio,
no que estamos.
Semente feita en sangue por un pobo
que xurde dende a hestoria, dende o sono,
un sono cheo de aldraxe e miserento,
un sono de inxusticias e silencio.
Mira a língoa que falo, despreciada,
por ser língoa de probes, língoa escrava,
son o orgullo que temos, língoa de probes.
Só neles hai verdade e máis honores.
Durme meu neno, durme, niste colo,
que esta terrra de escravos non tén odio.
Tén séculos de espranza, agardada,
que pón hoxe nos fillos que amamanta.


Outra das voces que me chama a atención e a de Mercedes Peón, e non só musicalmente senón como persoa. Está considerada como unha das mulleres máis carismáticas da música actual. Aos 13 anos escoitou cantar a varias mulleres da costa da morte, recolleu cancións, bailes, contos e vivencias da xente dos pobos que ía a visitar. Todo o que aprendeu transmitiuno na ensinanza, nas escolas municipais e máis adiante en universidades como a Sorbone, o Porto, País de Gales...
As súas composicións son moi variadas, mestura diferentes ritmos incluso os ancestrais.
Expresouse sempre libremente, facendo música independente e coa súa propia identidade chegando a facer unha música electroacústica coa que se coñece dentro e fóra das nosas fronteiras.
Os seus últimos traballos teñen case todos relacións coa danza xa que colabora con compañías. Entre estos últimos traballos está a composición da música "O kiosco das almas pérdidas" do Centro Coreográfico Galego.


mércores, 13 de abril de 2016

Mulleres no audiovisual galego


Intereseime polo tema do audiovisual galego xa que quero estudar algo en relación a isto, e atopeime unha noticia na que se falaba concretamente das mulleres. Hai uns anos creouse unha asociación co obxectivo de darlle importancia e valorar o traballo das mulleres no sector audiovisual. Chámase CIMA e conta con delegación en Galicia. Entre as actividades que se fixeron e se fan destaca a de denunciar os incumprimentos en materia de xénero, apoiar a Administración para que realice políticas que promovan a presenza feminina no sector. Organizan unha mostra de cine con filmes dirixidos por mulleres que se proxectan en cidades diferentes repartidas por toda Galicia. A delegada en Galicia é Chelo Loureiro e, como suplente, Marta Villar.
Despois de mirar diferentes noticias dinme conta de que temos na nosa terra mulleres no audiovisual moi boas, con moito potencial e sobre todo recoñecidas con premios fora das nosas fronteiras.

NEREA BARROS.
É actriz, naceu en Santiago de Compostela, vinculada á compañía galega Nut Teatro, debutara no cinema moi nova na longametraxe Nena. Con experiencia en teleseries autonómicas e estatais, traballou en diversas producións de Xamalú Filmes. Pola Isla Mínima recibiu en 2015 o premio Goya á actriz revelación.
A parte ten cursos de danza, é percusionista, estudou cabaré, interpretación, teoría do teatro, actuación diante da cámara e preparación física de intérpretes.
MARGARITA LEDO
Directora, é de Castro de Rei, Lugo. Directora cinematográfica, escritora e profesora catedrática de Comunicación Audiovisual da Universidade de Santiago de Compostela. Ten publicado numerosos traballos de investigación sobre o sector audiovisual, nos que entre outros eixos destacan as culturas minorizadas e o formato documental. Dirixe o Observatorio do Audiovisual Galego (ODA), preside a Federación Lusófona de Ciencias da Comunicación (LUSOCOM) e a Asociación Galega de Investigación en Comunicación (AGACOM), tamén pertence a comisións executivas e consellos editoriais de diversas entidades e publicacións. Respecto á súa formación é Doutora en Ciencias da Comunicación pola Universitat Autònoma de Barcelona e foi investigadora asociada no Département d’Etudes Cinematographiques et Audiovisuelles de Paris. Recibiu o Premio Nacional de Cinema e Audiovisual (Xunta de Galicia, 2008).
ROSA CASTRO
Guionista de Foz (Lugo) . É unha das guionistas máis importantes da televisión galega. Fixo á vez na TVG os labores de presentadora, directora e redactora de programas informativos, divulgativos, de entretemento e culturais. "Cousas da Lingua", "Vivir Aquí", "Mira que vén", "Tango" ou diversos "Telexornais" foron algúns dos seus espazos. Actualmente é a presentadora e redactora do informativo "Galicia Noticias Serán". Comezara no eido da ficción como guionista en 1997 con "Mareas Vivas". Desde entón participou en prácticamente todas as series galegas, como dialoguista, argumentista, editora e directora argumental. É autora de diversos guións cinematográficos e teatrais. Tamén foi profesora Profesora de Guión e Edición Audivisual na Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigo.

CHELO LOUREIRO
Ésta productora é da miña cidade, Ferrol. É responsable da división de animación da produtora galega Continental, ten experiencia no campo da xestión cultural e dos medios de comunicación (La Voz de Galicia, Grupo Sargadelos, Grupo La Capital), así como no eido da produción executiva (Lúa Films), tanto a nivel estatal como internacional. Ademais desde 2008 conta coa súa propia produtora, que se chama Abano Producións.