martes, 17 de maio de 2016

Galicia para min?

Ao principio de curso, cando comezamos a asignatura, Manolo, o profesor, mandounos facer unha pequena redacción onde tiñamos que escribir o que era Galicia para nos, e agora, a unha semana de rematar o curso, parece que temos que rematar da mesma maneira, sí, da mesma forma, pero polo menos para min pensando cousas distintas de Galicia das que pensaba ao comezo de curso. Ben é certo que todo o que puxen na redacción de principio de curso sigo a pensalo, que é o meu fogar, onde nacín, crecín e foi marcando a miña personalidade, que é un lugar precioso, cheo de praias impresionantes e fermosas, que se come moi ben, que temos unha natureza limpa e pura, o noso camiño de Santiago, a xente riquiña... sí, é certo, pero todo isto poderíao dicir calquera persoa que collese unha guía turística e vira as fotos das praias e bosques, ou ben un turista que ven pasar uns días e non fa máis que comer pulpo á feira e albariño.. Pero esta asignatura ensinoume a ver o outro lado de Galicia, o que non todos coñecemos, non soamente os de fóra, senón tristemente os propios galegos. Axudoume a coñecer o pasado de Galicia fora dos tópicos de sempre e tamén a ver cousas da actualidade que tiña delante dos ollos e non sabía delas.
Coñezo a existencia dos primeiros galegos, como vivían, os seus rituais, e a súa intelixencia...aprendín que Galicia é un lugar cheo de cultura excelente e que temos uns artistas moi valorados fora das nosas fronteiras, podemos falar de boa cultura en todos os ámbitos: musica, teatro, audiovisual, danza, pintura... Coñecín o pasado dos familiares que xa non están con nos e aprendín a valorar o seu esforzo, que grazas a eles e a súa loita temos o que temos hoxe en día.




Ningún comentario:

Publicar un comentario