sábado, 23 de abril de 2016

30 anos mais tarde...ben ou mal?

Neste novo traballo teño que maxinar como vai ser o mundo no que vou vivir dentro de trinta anos, buscando información puiden darme conta de que que respecto a poboación, as costas, a natureza...etc., as cousas van cambiar moito en Galicia, e a maioría delas non especialmente para ben. Temos que concienciarnos de que debemos cambiar moitos dos nosos hábitos para intentar mellorar o noso mundo nun futuro e non empeoralo.
En trinta anos, cando sexa unha persoa adulta seguramente non estea a vivir en Galicia, estarei buscando novas oportunidades de traballo xa que non viviran na miña terra persoas novas, non andarán polas rúas nenos e nenas xogando, senón que haberá un envellecemento da poboación. Os meus fillos aprenderan o galego fóra da terra e eu contareilles o bonita que era dende outro lugar.
Contareilles tamén como eran as praias as que iba de pequena e nova, praias que eran paraísos naturais no medio dos montes, cos areais sempre limpos, o mar non contaminado onde podía tomar uns baños xeniais e a unha temperatura moi agradable, non me poderán creer xa que moitas delas desapareceran, a as outras serán espazos protexidos onde non poderase visitar sen pedir unha visita antes. Nunca máis poderase disfrutar de xogar ao balón, as palas, as cartas, a tomar o sol, a dar un paseo a veira do mar....
Tampouco vanme creer cando lles conte a cantidade de bosques que había na Galicia dos meus tempos porque non quedará case ningún, e os que quedan están totalmente abandonados xa que por causa dos incendios, que cada vez danse con máis frecuencia, a poboación marchou as cidades porque o lume chegaba ata as súas vivendas destruíndoas.
Vai facer máis calor, van a subir as temperaturas dous grados mais, consecuencia do cambio climático que vai afectar moito a Galicia. Nos non nos vamos a enterar moito pero os veráns van ser moito máis secos e os animais e o medio ambiente si que o van notar moitísimo...
Finalmente tamén contareilles aos meus nenos esos animais que eu vía co meu pai cando era unha nena. Moitas das especies animais que coñecemos agora van desaparecer.

Deixo un prezi cos datos que me fan pensar deste modo:


sábado, 16 de abril de 2016

A nosa música

Dinme conta de que na época entre o franquismo e a transición, os grupos de cancións protesta soamente chegaban a intelectualidade galega que tiña relación e interese con estos grupos de música. Había moitos cun alto compromiso social, pero houbo unha excepción, que tamén chegou a emocionar as xentes da Galicia de orixe rural, non foi o único pero sí o que máis éxito acadou, Fuxan os ventos.
Ao principio da súa carreira o repertorio foi elaborado a partir da música folk universal , acercándose cada vez máis cara á música popular galega. Foron de pobo en pobo, preguntando a xente, e sentando nas lareiras cos vellos e vellas, recollendo cantigas dos lugares e incluíndo temas de composición propia as veces.
Por motivo da época na que estaban foron adquirindo un compromiso social importante que plasmouse coa canción protesta e de poemas doutros autores, reivindicando a oposición á dictadura e de defender o pobo, o idioma e unha cultura propia.
Neste grupo destaca  a voz e as letras das cancións. As letras podían ser de poetas galegos ou ben propias. Falaban de moitas cousas: reivindicativas (a inmigración, a autonomía, a ecoloxía, a pobreza..) , tradición oral coa que tivo contacto o grupo.. Moitas veces os dous aspectos mesturábanse, aínda que pola época o só feito de cantar en galego podía ser xa un xeito de reivindicación.

Ésta é unha das letras das súas cancións que máis gustoume, na que o autor fálalle a un bebé, que é o pobo galego, dicíndolle que vai recoller no seu futuro os froitos dunha Galicia esperanzada.


Durme meu neno, durme,
sen máis pranto,
que o tempo de chorare,
vai pasando
Que a terra na que vives,
no que bágoas,
precisa homes inteiros,
pra liberala.
Durme meu neno, durme,
colle forzas,
que a vida que che agarda,
pide loita.
Recollera-lo froito
sementado,
no inverno escuro e frio,
no que estamos.
Semente feita en sangue por un pobo
que xurde dende a hestoria, dende o sono,
un sono cheo de aldraxe e miserento,
un sono de inxusticias e silencio.
Mira a língoa que falo, despreciada,
por ser língoa de probes, língoa escrava,
son o orgullo que temos, língoa de probes.
Só neles hai verdade e máis honores.
Durme meu neno, durme, niste colo,
que esta terrra de escravos non tén odio.
Tén séculos de espranza, agardada,
que pón hoxe nos fillos que amamanta.


Outra das voces que me chama a atención e a de Mercedes Peón, e non só musicalmente senón como persoa. Está considerada como unha das mulleres máis carismáticas da música actual. Aos 13 anos escoitou cantar a varias mulleres da costa da morte, recolleu cancións, bailes, contos e vivencias da xente dos pobos que ía a visitar. Todo o que aprendeu transmitiuno na ensinanza, nas escolas municipais e máis adiante en universidades como a Sorbone, o Porto, País de Gales...
As súas composicións son moi variadas, mestura diferentes ritmos incluso os ancestrais.
Expresouse sempre libremente, facendo música independente e coa súa propia identidade chegando a facer unha música electroacústica coa que se coñece dentro e fóra das nosas fronteiras.
Os seus últimos traballos teñen case todos relacións coa danza xa que colabora con compañías. Entre estos últimos traballos está a composición da música "O kiosco das almas pérdidas" do Centro Coreográfico Galego.


mércores, 13 de abril de 2016

Mulleres no audiovisual galego


Intereseime polo tema do audiovisual galego xa que quero estudar algo en relación a isto, e atopeime unha noticia na que se falaba concretamente das mulleres. Hai uns anos creouse unha asociación co obxectivo de darlle importancia e valorar o traballo das mulleres no sector audiovisual. Chámase CIMA e conta con delegación en Galicia. Entre as actividades que se fixeron e se fan destaca a de denunciar os incumprimentos en materia de xénero, apoiar a Administración para que realice políticas que promovan a presenza feminina no sector. Organizan unha mostra de cine con filmes dirixidos por mulleres que se proxectan en cidades diferentes repartidas por toda Galicia. A delegada en Galicia é Chelo Loureiro e, como suplente, Marta Villar.
Despois de mirar diferentes noticias dinme conta de que temos na nosa terra mulleres no audiovisual moi boas, con moito potencial e sobre todo recoñecidas con premios fora das nosas fronteiras.

NEREA BARROS.
É actriz, naceu en Santiago de Compostela, vinculada á compañía galega Nut Teatro, debutara no cinema moi nova na longametraxe Nena. Con experiencia en teleseries autonómicas e estatais, traballou en diversas producións de Xamalú Filmes. Pola Isla Mínima recibiu en 2015 o premio Goya á actriz revelación.
A parte ten cursos de danza, é percusionista, estudou cabaré, interpretación, teoría do teatro, actuación diante da cámara e preparación física de intérpretes.
MARGARITA LEDO
Directora, é de Castro de Rei, Lugo. Directora cinematográfica, escritora e profesora catedrática de Comunicación Audiovisual da Universidade de Santiago de Compostela. Ten publicado numerosos traballos de investigación sobre o sector audiovisual, nos que entre outros eixos destacan as culturas minorizadas e o formato documental. Dirixe o Observatorio do Audiovisual Galego (ODA), preside a Federación Lusófona de Ciencias da Comunicación (LUSOCOM) e a Asociación Galega de Investigación en Comunicación (AGACOM), tamén pertence a comisións executivas e consellos editoriais de diversas entidades e publicacións. Respecto á súa formación é Doutora en Ciencias da Comunicación pola Universitat Autònoma de Barcelona e foi investigadora asociada no Département d’Etudes Cinematographiques et Audiovisuelles de Paris. Recibiu o Premio Nacional de Cinema e Audiovisual (Xunta de Galicia, 2008).
ROSA CASTRO
Guionista de Foz (Lugo) . É unha das guionistas máis importantes da televisión galega. Fixo á vez na TVG os labores de presentadora, directora e redactora de programas informativos, divulgativos, de entretemento e culturais. "Cousas da Lingua", "Vivir Aquí", "Mira que vén", "Tango" ou diversos "Telexornais" foron algúns dos seus espazos. Actualmente é a presentadora e redactora do informativo "Galicia Noticias Serán". Comezara no eido da ficción como guionista en 1997 con "Mareas Vivas". Desde entón participou en prácticamente todas as series galegas, como dialoguista, argumentista, editora e directora argumental. É autora de diversos guións cinematográficos e teatrais. Tamén foi profesora Profesora de Guión e Edición Audivisual na Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigo.

CHELO LOUREIRO
Ésta productora é da miña cidade, Ferrol. É responsable da división de animación da produtora galega Continental, ten experiencia no campo da xestión cultural e dos medios de comunicación (La Voz de Galicia, Grupo Sargadelos, Grupo La Capital), así como no eido da produción executiva (Lúa Films), tanto a nivel estatal como internacional. Ademais desde 2008 conta coa súa propia produtora, que se chama Abano Producións.

 

domingo, 13 de marzo de 2016

Todos coñecemos os equipos de fútbol máis famosos da nosa terra, e incluso calquera persoa aínda que non estea na práctica do deporte ten, polo menos, un mínimo de coñecemento para levar unha conversa do tema sen ningún problema. Que nos está a pasar? Onde vai o interese pola cultura? e, sobre todo, onde está o interese polo noso e por dalo a coñecer ao resto da xente? Seguindo co exemplo do fútbol, move masas de milleiros de persoas e aínda por riba causa mortes, peleas e problemas entre aficionados por defender a súa camiseta. Onde vai a humanidade? Por que cobran milleiros de euros e os artistas non poden nin sequera, a maioría, vivir da súa arte?
Eu formo parte dunha escola de danza, e sen marcharnos a grandes niveis profesionais vese claramente o pouco esforzo por apoiar esta arte. Os concellos ofrecen subvencións a equipos de deportes cedéndolles espazos para competicións, etc...
 Nós intentamos que a danza chegue a rúa e que calquera O persoa que pase por ela poda emocionarse con nós e coa nosa arte, pero parece que non podemos nunca levalo a cabo xa que nunca nos dan nada. Somos partidarios que o Día Internacional da Danza sea na rúa, non nun teatro para unha xente determinada, que o arte saía a rúa, e nin sequera ofrécennos unha carpa , un escenario ou un equipo de música, teñen que poñelo as escolas do seu propio bolsillo, é unha verdadeira pena.
Gran parte das persoas non sentaron nunca nunha butaca a disfrutar dun espectáculo e non experimentaron as sensacións que éste pode ofrecer, cos movementos expresando os sentimentos do bailarín ou como a música forma parte dun todo que é a danza. Persoalmente, recoméndoo, probádeo.
Como di unha das letras dun dos meus grupos favoritos: " O arte é unha droga aparte que tomas sen saber que che dan"
Un caso de danza un tanto descoñecida, pero que pode chamar a atención aínda que non sexa comprendida, é a contemporánea, a que eu practico.
 A danza contemporánea nace como unha reacción ao clásico e como unha necesidade de expresarse mais libremente co corpo. É unha clase de danza na que búscase expresar, a través do bailarín , unha idea, un sentimento, unha emoción, ao igual que o ballet clásico, pero mesturando movementos corporais da actualidade.
Ao principio buscábase algo diferente á dura técnica do ballet clásico, empezaron a aparecer bailaríns bailando descalzos e facendo saltos menos ríxidos que os tradicionais no escenario. Co tiempo, foron aparecendo variacións nas que á técnica clásica brillaba pola súa ausencia e incluso introducíanse movementos doutras técnicas, como o flamenco, movementos de danzas tribais e ata do ioga.
 Hoxe en día, as técnicas modernas deixan paso a mesturas de estilos, chegando a non deixar claro a que estilo aseméllase ou que patróns siguen. Dícese que na danza contemporánea hoxe en día todo vale.
Unha característica é o uso de multimedia e métodos audiovisuais para acompañar las coreografías, como video e imaxes usadas de fondo.
A danza contemporánea pode falar dun concepto, propoñer un ambiente ou presentar movementos para conseguir unha estética determinada, non sempre teñen que contar unha historia. Por outro lado, a danza clásica constrúese a través de pasos que xa existen  mentres que a danza contemporánea busca o novo e a creación de novas formas de movemento coas necesidades do coreógrafo ou o bailarín. A danza clásica busca o fermoso, o perfecto. A danza contemporánea busca a conexión coa terra, co humano e as súa pasión.
En Galicia a compañía por excelencia da danza contemporánea é a Nova Galega de Danza. Mestura a danza contemporánea coa tradición celta da nosa terra con música en directo.
 

Por outro lado as escolas galegas de danza amateurs, avanzado e pre-profesionais, quedan en moi bos postos nos concursos nacionais españois de danza , compartindo escenario con bailaríns de Madrid, Barcelona.... Estos concursos fan posibles que as escolas relaciónense entre elas e que profesionais da danza e o xurado, observe aos bailaríns que empezan a darse a coñecer.
Miña escola, tivo a oportunidade de participar nun destes concursos, o máis recoñecido aos niveis mencionados anteriormente, ANAPRODE.



 
Recentemente a presidenta en España do CID (comité internacional de danza) da UNESCO visitou Ferrol co motivo do nomeamento de Suso Pérez Lago, o meu mestre, como membro do CID e de paso promocionar a danza na cidade con cursos recoñecidos pola UNESCO.

http://www.diariodeferrol.com/articulo/ferrol/unesco-interesada-abrir-ferrol-delegacion-oficial-do-comite-internacional-danza/20150922224321134642.html

A danza é unha fermosa opción para formar parte de proxectos audiovisuais, e o pasado verán as escolas de danza de Ferrol fixeron un proxecto de fotografía, do que formei parte, que consistía en que fotógrafos da cidade fotografiaran as bailarinas que escolleran en sitios emblemáticos da cidade. Finalmente fíxose unha exposición de fotografía no museo Torrente Ballester.

http://www.diariodeferrol.com/articulo/ferrol/abre-puertas-torrente-exposicion-ferrol-danza-escuelas-ciudad/20150710210859128738.html

 Teatro Jofre

Edificio Rodolfo Ucha 

 Casino de Ferrol

 Teatro Jofre


 
 







domingo, 6 de marzo de 2016

O Ballet Galego Rey de Viana

O ballet galego nace no 1949 da man do bailarín José Manuel Rey de Viana, que dende neno medrou e formouse co obxectivo de crear en Galicia unha compañía coreográfica como as grandes do mundo.
José Manuel Rey de Viana formouse xunto os grandes nomes da danza moderna. Aproveitou a súa estancia en Alemaña para perfeccionar a súa danza clásica e formouse no estudo da danza folclórica mundial.
Cando regresou a Galicia, con Victoria Canedo, a súa esposa e mestra de baile, propúxose darlle a danza galega a importancia que debería ter e sobre todo dala a coñecer e que fose valorada.
Para conseguilo, o coreógrafo comezou recorrendo Galicia e recuperando, respetando as súas características, as danzas autóctonas, lendas tradicionais para facer o argumento das súas obras, e tradicións nas que se amosase o carácter do pobo galego e así plasmalo nos movementos.
Investigou tamén no vestiario das distintas zonas de Galicia a través do tempo. O resultado foi a recuperación dos traxes do século XVIII , de cores vivos, executados en seda e bordados con pedras de azabache.
Os comezos do ballet foron lentos. Non se tiñan locais nin tradición necesarios para o desenrolo dunha compañía desas características. A primeira actuación foi no 1955 na Coruña.
Nos bailes mezclase a danza tradicional co ballet clásico que dominaba José Manuel Rey de Viana; mezcla que vaise convertir na marca orixinal da compañía.
A raíz da actuación, a compañía comeza unha xira por distintos escenarios galegos ata que no 59 recibirá a invitación dun organismo público. Nese ano, o Instituto de Cultura Hispánica de Madrid invita a compañía a participar no festival que leva o mesmo nome.
Despois disto actúan por todo o mundo, tanto como Europa como por América, participando en festivais como o Festival Mundial de Ballet Folclórico en Venecia e actuacións no Pabellón Español da Feria Mundial de Nova York durante tres meses.
Por todo isto recibe máis de 20 premios internacionais e nacionais.
Dende 1971 ata o 1990, a xestión e o mantemento da compañía correspondía á Deputación da Coruña e a partir dos 90 pasa a depender da Xunta. En 1991, co IGAEM ( Instituto galego das artes escénicas e musicais) o ballet galego converteuse no principal á hora da producción de espectáculos coreográficos.  Nesta etapa segue de xira por diferentes cidades españolas, Nova York, Arxentina, Chile, Uruguay...
Cando morre Rey de Viana, para continuar co ballet, a dirección da compañía é asumida pola súa esposa Victoria Canedo, quen ata ese momento ocupaba o cargo de subdirectora. Créanse novas coreografías fieis a identidade do ballet galego dende os seus inicios.
En novembro de 2005, ocupa o BNG a consellería de cultura da Xunta e a directora abandona o ballet por "non corresponder á idea de danza do novo goberno" eliminando e borrando os últimos 56 anos de traballo da historia da nosa danza.
No 2012, antigos bailaríns da compañía loitan por volver a poñer en marcha o ballet, xa que sería tarea ben sinxela xa que a orquesta sinfónica do ballet sigue pertencendo a xunta e o vestiario esta gardado nunha nave. Técnicos e sastras seguen a traballar tamén como funcionarios.
Creouse unha asociación que hoxe en día segue en pé por recuperar unha labor cultural que pódese comparar coas grandes compañías de danza americanas ou rusas e que tiña a marca da nosa terra, Galicia.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2012/01/22/resurge-ballet-galego-rey-viana/0003_201201H22C16991.htm

 José Manuel Rey de Viana

 
 
 Victoria Canedo
 
                                                                    

 
 Traxes nos que a compañía inspirouse para crear o vestiario

 
 
 
          
                                                                                  
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 


 
                                                                                                                            

domingo, 14 de febreiro de 2016

Maquis, a Galica rebelde como pioneira.

Maquis, de onde procede o nome?
A palabra maquis ten unha orixe francesa, pero seguiuse utilizando en Galicia para nombrar ó movemento guerrilleiro. Foi a palabra máis popular coa que nos pobos coñecíase a "os do monte",  ou combatentes contra o franquismo, refuxiados entre as árbores e arbustos da zona rural galega e española.

Quen eran os maquis?
Eran un conxunto de guerrillas antifranquistas de resistencia que comezou na guerra civil.  Moitos dos seus integrantes morreron o foron detidos, outro lograron escapar hacia Francia e Marrocos. O final dos maquis o marcan as mortes de Ramón Viola e José Castro.
Movíanse por zonas montañosas e boscosas cheas de vexetación para poder agocharse. Elixíanas onde puideran contar coa colaboración de polo menos unha parte da poboación porque se non sería complicado manter o grupo en funcionamento. Esta xente que lles prestaba axuda eran coñecidos como enlaces. Dábanlles alimento e escondite cando era necesario, pero sobre todo tamén información. As veces desempeñaban funcións como de correos e outros encargos para as partidas.
Tiñan un carácter político plural como o do bloque republicano, cunha presenza importante dos comunistas, socialistas e anarquistas, pero por diversas casusas o predominio comunista foi gañando autoridad en relación as demais corrientes que había nese momento.
 

 
O territorio dos maquis.
Os pioneiros deste movemento deuse en Galicia e o seu nome foi A Federación de Guerrillas de León-Galicia. A rebeldía foise estendendo empezando por Asturias que elaboraron moitas tácticas entre socialistas e comunistas que despois a través dunha gran rede de enlaces chegaba a Galicia.
No caso do País Vasco o partido comunista apenas tiña implantación popular entre o proletariado da rexión senón que estaba dominado polos socialistas.
Os maquis seguiron a crecer e creouse o Exército da Zona Centro, que formaban parte as comunidades do interior de España.
A Agrupación de Levante e Aragón converteuse na máis importante xa que foi unha creación dos responsables comunistas en Francia e estivo baixo o control directo da dirección do PC.

A Federación de Guerrillas de León-Galicia.
Elixiuse un comité director presidido polo socialista Marcelino Fernández Villanueva, co cenetista Marcelino de la Parra e o socialista César Rios como axudantes. O obxectivo da Federación non era derribar o franquismo mediante a loita armada, senón manter viva a resistencia ata que se fixera a intervención das potencias aliadas que todos daban por segura.
En abril de 1943 editaron o primeiro número do " El guerrillero" ,órgano de expresión da Federación,  impreso clandestinamente.

 Ata 1944 a Federación mantívose aislada dos partidos e sindicatos antifranquistas, tanto do interior como do exterior creando súa propia liña política. Dicíase que os principais dirixentes eran socialistas a pesar de que o PSOE como tal non apoiaba a loita.
A Federación actuaba no oeste de León, no Bierzo, Cabrera...no este de Ourense, en Viana do Bolo, Puebla de Trives, Valdeorras... e o sureste de Lugo, en Fonsagrada e Quiroga.
Vivían do que lles daban  os seus enlaces, e sobre todo dos golpes económicos executados sempre contra persoas afines ao réxime franquista, e cuxo resultado destinábase normalmente á compra de armamento no mercado negro de Portugal.
A guerrilla tamén daba charlas políticas entrando por sorpresa nos pobos, e facía sabotaxes contra os vehículos de liña e o tendido eléctrico.
Os maquis pasaban largar tempadas ocultos en casas de toda confianza, individualmente ou por parellas. Cando o perigo era maior, refuxiábanse na serra do Eixe, territorio libre para os guerrilleiros durante varios anos.