Son Ángel Arenal Cuesta, un sarxento do exército, estou encontra do absolutismo monárquico de Fernando VII , teño ideas liberais e xa van varias veces que ingreso no cárcere por este motivo, estou moi enfermo e sei que non vou saír máis de aquí. Soamente penso na miña muller e nas miñas tres fillas. Unha delas, Concepción, sei que vai chegar moi lonxe aínda que recoñezo que non vou poder velo. O penso polas súas actitudes e polas conversas que teño con ela cando venme a ver aquí. Cóntolle moitas cousas para que non se de moita conta de como nos tratan aquí aos presos.Vai ser a nai do feminismo español.
Cando eu falecín miña muller e as tres nenas marcharon de Ferrol a vivir coa miña nai en Armaño. Oxalá puidese estar con elas neses momentos xa que morre a miña filla pequena Luisa.
En 1835 marchan a Madrid, e a súa nai decide educar a Concepción e a Antonia nos colexios de boa educación para as señoritas. Non me gusta nada que Concepción discuta coa súa nai pero e unha loita continua dende que María descubriuna estudando pola súa conta cousas que di que son de homes. Dende o meu punto de vista non me parece tan mal...
A partir dese momento ela so pensa en poder estudar na universidade, convertese nun soño. En 1841 falece miña nai e muller polo que todos os meus cartos quedan nas súas mans e os emplea en cumprir o seu soño, ir a universidade e estudar como calquera home e demostrar que as mulleres poden estudar e teñen a mesma capacidade que os homes. Enfrontábase a un gran problema, e era que as mulleres tiñan a entrada prohibida nas universidades, pero iso non lle importa xa que disfrazase de home e consigue colarse nas aulas de dereito. Non conseguiu ningún título porque é algo totalmente inaceptable nestes tempos, pero aproveitou moito súa presenza na universidade.
Na mesma universidade coñece a Fernando García Carrasco, nas clases de dereito. El cando descubre que é realmente unha muller enamorase profundamente dela e das súas ideas progresistas, cousa que non me sorprende xa que a miña filla é unha muller excepcional. Fernando apoiábana en todo incluso nos seus desexos de romper con máis dunha barreira social.
Nos seus anos de matrimonio déronme tres netos preciosos que oxalá puidera coñecer. Foron anos para os dous de enriquecemento intelectual. Miña filla ía vestida como home a tertulias nas que participaba Fernando, e xuntos colaboraron no periódico liberal La Iberia.
En 1857 miña querida nena perde ao seu marido, e é un duro golpe do que vaille costar recuperarse. Viuda e cos meus dos netos marcha a vivir a Potes onde vai coñecer máis tarde a un músico e compositor chamado Jesús Monasterio que co tempo vai convertirse no seu novo compañeiro.
Foi o seu novo marido o que fixo que Concepción interesárase por axudar aos demais xa que Jesús fundou as Conferencias de San Vicente de Paúl e animou a miña filla a que organizase súa rama feminina. La Beneficiencia, la Filantropia y la Caridad, escrita en 1860 recibirá o premio da Academia de Ciencias Morais e Políticas quen nun primer momento cree que deu o galardón a un home, xa que Concepción firmou co nome do meu neto de dez anos. Pouco despois descubriron a mentira, a academia tivo que rendirse á evidencia da calidade do texto da miña filla, aínda que fose unha muller quen o escribiu.
Seguiu escribindo textos relacionados coa axuda á xente que máis o necesitaba parra mellorar súa situación. Foi nombrada Visitadora de prisións e Casas de Correccións de mulleres, xa que de ver a situación na que me tratan a mi no cárcere vaille quedar marcada para sempre e quere loitar por mellorar as situacións dos presos. Amáis de escribir ensayos explicando as terribles situacións destas mulleres creou La voz de la Caridad, un xornal que publicouse durante máis dunha década e que converteuse no testimonio daquelas realidades. Tamén na recién creada Cruz Roja en España tivo a miña filla un papel importante axudando nos hospitais de campaña organizados durante as guerras carlistas.
Concepción dedicou toda súa vida a loitar polos dereitos dos máis desfavorecidos e a intentar eliminar as teorías científicas que facía que a muller era un ser físicamente inferior. Dende súa primeira obra feminista, La mujer del porvenir, a maior das miñas fillas defendeu sempre o dereito da muller á educación como algo moi importante para superar as diferenzas marcadas na sociedade entre o home, superior sempre, a muller.
Xa miña filla moi cansada, con máis de setenta anos, falece o 4 de febreiro de 1893 en Vigo, onde o seu corpo está a descansar.
Orgulloso do que converteuse Concepción podo asegurar que ela terminaba súa vida, pero deixaba as bases do que sería o posterior feminismo nunha España que aínda debería percorrer un longo camiño antes de conseguir a igualdade entre sexos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario