domingo, 31 de xaneiro de 2016

Ángel Arenal Cuesta, a súa filla Concepción Arenal.



Son Ángel Arenal Cuesta, un sarxento do exército, estou encontra do absolutismo monárquico de Fernando VII , teño ideas liberais e xa van varias veces que ingreso no cárcere por este motivo, estou moi enfermo e sei que non vou saír máis de aquí. Soamente penso na miña muller e nas miñas tres fillas. Unha delas, Concepción, sei que vai chegar moi lonxe aínda que recoñezo que non vou poder velo. O penso polas súas actitudes e polas conversas que teño con ela cando venme a ver aquí. Cóntolle moitas cousas para que non se de moita conta de como nos tratan aquí aos presos.Vai ser a nai do feminismo español.
Cando eu falecín miña muller e as tres nenas marcharon de Ferrol a vivir coa miña nai en Armaño. Oxalá puidese estar con elas neses momentos xa que morre a miña filla pequena Luisa.
En 1835 marchan a Madrid, e a súa nai decide educar a Concepción e a Antonia nos colexios de boa educación para as señoritas. Non me gusta nada que Concepción discuta coa súa nai pero e unha loita continua dende que María descubriuna estudando pola súa conta cousas que di que son de homes. Dende o meu punto de vista non me parece tan mal...
A partir dese momento ela so pensa en poder estudar na universidade, convertese nun soño. En 1841 falece miña nai e muller polo que todos os meus cartos quedan nas súas mans e os emplea en cumprir o seu soño, ir a universidade e estudar como calquera home e demostrar que as mulleres poden estudar e teñen a mesma capacidade que os homes. Enfrontábase a un gran problema, e era que as mulleres tiñan a entrada prohibida nas universidades, pero iso non lle importa xa que disfrazase de home e consigue colarse nas aulas de dereito. Non conseguiu ningún título porque é algo totalmente inaceptable nestes tempos, pero aproveitou moito súa presenza na universidade.
Na mesma universidade coñece a Fernando García Carrasco, nas clases de dereito. El cando descubre que é realmente unha muller enamorase profundamente dela e das súas ideas progresistas, cousa que non me sorprende xa que a miña filla é unha muller excepcional. Fernando apoiábana en todo incluso nos seus desexos de romper con máis dunha barreira social.
Nos seus anos de matrimonio déronme tres netos preciosos que oxalá puidera coñecer. Foron anos para os dous de enriquecemento intelectual. Miña filla ía vestida como home a tertulias nas que participaba Fernando, e xuntos colaboraron no periódico liberal La Iberia.
En 1857 miña querida nena perde ao seu marido, e é un duro golpe do que vaille costar recuperarse. Viuda e cos meus dos netos marcha a vivir a Potes onde vai coñecer máis tarde a un músico e compositor chamado Jesús Monasterio que co tempo vai convertirse no seu novo compañeiro.
Foi o seu novo marido o que fixo que Concepción interesárase por axudar aos demais xa que Jesús fundou as Conferencias de San Vicente de Paúl e animou a miña filla a que organizase súa rama feminina. La Beneficiencia, la Filantropia y la Caridad, escrita en 1860 recibirá o premio da Academia de Ciencias Morais e Políticas quen nun primer momento cree que deu o galardón a un home, xa que Concepción firmou co nome do meu neto de dez anos. Pouco despois descubriron a mentira, a academia tivo que rendirse á evidencia da calidade do texto da miña filla, aínda que fose unha muller quen o escribiu.
Seguiu escribindo textos relacionados coa axuda á xente que máis o necesitaba parra mellorar súa situación. Foi nombrada Visitadora de prisións e Casas de Correccións de mulleres, xa que de ver a situación na que me tratan a mi no cárcere vaille quedar marcada para sempre e quere loitar por mellorar as situacións dos presos. Amáis de escribir ensayos explicando as terribles situacións destas mulleres creou La voz de la Caridad, un xornal que publicouse durante máis dunha década e que converteuse no testimonio daquelas realidades. Tamén na recién creada Cruz Roja en España tivo a miña filla un papel importante axudando nos hospitais de campaña organizados durante as guerras carlistas.
Concepción dedicou toda súa vida a loitar polos dereitos dos máis desfavorecidos e a intentar eliminar as teorías científicas que facía que a muller era un ser físicamente inferior. Dende súa primeira obra feminista, La mujer del porvenir, a maior das miñas fillas defendeu sempre o dereito da muller á educación como algo moi importante para superar as diferenzas marcadas na sociedade entre o home, superior sempre, a muller.
Xa miña filla moi cansada, con máis de setenta anos, falece o 4 de febreiro de 1893 en Vigo, onde o seu corpo está a descansar.
Orgulloso do que converteuse Concepción podo asegurar que ela terminaba súa vida, pero deixaba as bases do que sería o posterior feminismo nunha España que aínda debería percorrer un longo camiño antes de conseguir a igualdade entre sexos.



 
 
 
 
 
 

domingo, 17 de xaneiro de 2016

Galicia rebelde co movemento " nunca máis"

O buque petroleiro Prestige, enviou un S.O.S a 30 millas de Fisterra.
O goberno intentou dar carpetazo ao asunto ao dicir que aloxaran o problema, concretamente a 20 millas de distancia. Os ecoloxistas dicían frases coma "están agochando o lixo debaixo da alfombra".
Chegou o chapapote a Galicia. A marea negra afectou a 190 km do litoral coruñés, dende Fisterra ata Arteixo. Foi unha catástrofe ecolóxica e económica.
Comezaron a aparecer animais sen vida, totalmente pintados de negro nos areais.
As administracións centrais e autónomas aseguran que os afectados ían cobrar as indemnizacións antes do Nadal. O conselleiro de pesca do momento afirmou "aquí ninguén vai quedar sen turrón"
No norte, a zona máis afectada nun principio, os mariñeiros recollían o fuel das rochas polos seus propios medios, coas súas embarcacións. O ministerio de defensa enviou militares para colaborar na limpeza das praias.
A 260 km das illas Cíes e todavía con 66.000 toneladas de fuel no seu interior, o casco partiu en dúas metades. As 12 do medio día afundiu a popa.
Había grandes carencias de organización e material. O fuel seguiu a continuar chegando e aínda permanecía nas praias contenedores cheos de chapapote. Os concellos non sabían que facer con eles. Ninguén lles daba indicacións. Moitos voluntarios que acudían a axudar non puideron traballar pola falta de medios.
Francia e Portugal, que mantiñan equipos de traballo nas zonas afirmaron que estaban a aparecer manchas novas de fuel, en cambio, mentres en España o vicepresidente, Rajoy, negouse rotundamente a que as manchas fosen novas.
A estas alturas xa fora bautizada como "a gran mancha". Súa avanzadilla estaba a 140 km de Fisterra. Os ventos empuxábana  hacia o noroeste.
A enorme mancha tiña o dobre de tamaño que o municipio de Madrid, e avanzaba a un ritmo de 20 km diarios.
Mariñeiros de Malpica e Porto do Son saían a faenar e regresaban a porto cos aparellos cheos de petróleo, o que afirmaba que o vertido non afectaba soamente á superficie.
Parecía que unha nova chegada de fuel era inevitable e os barcos que succionaban o fuel non podían saír polo temporal.
O gobernos seguíaa dicir que non había vertidos novos.
A marea negra ía chegar con toda seguridade de novo, pero esta vez ameazaba as rías de Arousa, Muros e Noia e tamén o Parque Nacional das Illas Atlánticas.
Centos de mariñeiros e mariscadores traballaron durante toda a noite para armar as súas defensas.
O segundo afundimento do Prestige ameazaba con soterrar kilómetros e kilómetros de costa baixo un espeso velo negro.
"Nestas navidades, turrón de chapapote", "Máis pesqueiros e menos petroleiros", "O do bigote que limpe o chapapote", eran algúns dos cánticos dos 200.000 manifestantes que acercáronse a Santiago para gritar: "NUNCA MÁIS!"
Centos de mariñeiros recollían o fuel do mar con trueis, plásticos, espumaderas xigantes e ata coas súas propias mans.
7000 persoas repartidas en 1200 barcos mobilizáronse ao longo das rías baixas, era unha guerra contra o fuel, un combate "épico, dramático e esperanzador"
As cifras anunciadas por Portugal triplicaban as dadas por Rajoy. Vertíanse entre 30 e 120 toneladas diarias ao mar dende as grietas do buque.
Crecía a indignación e os patróns do Grove e Cangas iniciaron unha folga da fame para esixir mais medidas.
Unha nova marea arrasaba máis da metade das praias galegas, 675.
Os voluntarios dicían cousas como "chegas á praia e parece que o que fixeches o día anterior non serviu de nada".
A prohibición de facer durante 50 días provocou pérdidas de 22 millóns de euros aos mariñeiros e mariscadores.
O portavoz dun instituto francés negaba a teoría do goberno español que afirmaba que o petróleo evaporábase ao chegar a superficie. Enganos e máis enganos...
Francia taponou as grietas do buque pero so era unha solución provisional ata que o goberno español atopase unha solución ao problema.
Miles de persoas seguían a traballar para axudar coa desastre.
A marea continuaba a acercarse e aínda que as praias estaban prácticamente limpas xa, as rochas e o fondo mariño seguían contaminados.
Setenta días despois do accidente, segue a chegar chapapote. Municipios como Muxía, Camariñas e Fisterra reviviron as intensas oleadas dos primeiros días e apareceron completamente asolados por manchas de todo tipo, unhas formadas por fue "novo" e outras procedentes de vertidos que desprendéronse das rochas.
Foi unha verdadeira desastre que aínda está a esperar xustiza, e foi a primeira vez que o pobo galego revelouse e loitou realmente.



mércores, 25 de novembro de 2015

Nido de Esclavos

Como na anterior entrada falei de Pedro Guimarei Filgueiras, o tío do meu avó, vouvos falar da novela que fixo que o fusilaran, Nido de Esclavos.

Trata en torno a Juan Luis, un rapaz e concienciado médico que amáis escribe nunha publicación local e súa moza Susana. Ambos viven na casa de Juan xunto a súa irmá. O evidente amor entre eles non cuadra xq que Juan Luis, incapaz de renunciar aos seus compromisos non quere atar a Susana aos mesmos e non confía na capacidade dela de adaptarse a unha situación de compromiso compartido entre o amor a unha persoa e a lealdade a uns ideais.

Establécese unha evidente similitude entre Pedro Guimarey, que era practicante e director do seminario Renovación e o protagonista, Juan Luis, médico e articulista de prensa.

Na novela, Juan Luis acude a dar clases a unha Escola. Ao entrar saúda coa siguiente frase:

- “Salud y Libertad, Señores y Señoras”

Evidentemente é unha alusión á “Escuela Racionalista de Ferrol”, de tendencia anarquista e librepensadora onde prestixiosos mestres daban unha ensinanza técnica. Guimarey impartiu algunha clase nesta escola.

Denunciase a hipocresía das señoras de ben, que en público rechazan o pescado ofrecido polas pescadeiras por ser de pouca calidade, pero que logo mandaban ás criadas a comprar “para el gato”, sardinas e outras especies en cantidades excesivas para o consumo dun animal. Isto era moi típico do Ferrol de esos anos. Tamén denunciase o dano que ocasionaba o alcohol ás familias proletarias, ata o punto de introducir na novela un debate acerca das novas leis europeas que esterilizaban aos tarados, aínda que Pedro  non o defendía. Sen embargo cuestiona a conveniencia de que pais alcohólicos teñan fillos.

Aparecen outros elementos típicamente ferrolanos como o infantilismo das señoritas que aspiran  casar cun tenente porque “llevan uniforme”. Estas críticas eran bastante frecuentes na prensa ferrolana de izquierdas.

Na cidade da novela aparecen uns estaleiros, nos que os obreiros andan en paro por falta de pedidos, como en Ferrol. Na cidade hai conflitos, choques de clase e enfrontamentos entre anarquistas e socialistas. Juan Luis defende tanto a socialistas como anarquistas, tal e como facía Pedro Guimarey na vida real.
 

 

sábado, 21 de novembro de 2015

Pedro Guimarey Filgueiras

Vou falar dun antepasado meu, Pedro Guimarey Filgueiras, o tío avó da miña nai. Pareceume unha persoa moi interesante, xa que na época da II República foi unha personaxe moi destacada na miña cidade, pero como o fusilaron caeu un mato de silencio sobre a súa persoa e non volveu ser recordado.

 
Pedro Guimarey Filgueiras


Naceu no ano 1906 na cidade de Ferrol. Era o segundo dos irmáns (África Hortensia, Xosé, Esperanza e Xesús).
Toda a súa vida dedicouna a facer o que realmente lle gustaba tendo como consecuencia a formación dunha persoa realmente culta. Foi escritor, bibliotecario, ATS, músico (tocaba o violín), profesor e dominaba perfectamente os idiomas francés e máis alemán. Xogou tamén unha tempada no Racing de Ferrol.
Foi unha persoa relevante no Ferrol dos anos trinta, xa que estaba practicamente en contacto con todos os ámbitos socio-culturais da época, tanto en temas políticos coma literarios.

Podo empezar a falar del facendo unha referencia ao Ateneo Cultural de Ferrol Vello. Este lugar tivo dous anos de historia e impartíanse numerosas conferencias no seu local, entre os conferenciantes estaba Pedro Gimarey, moitas destas dedicadas aos mozos, formados na mais avanzada pedagoxía baseada na concepción racionalista e científica, con miras a lograr unha formación integral dos máis novos, con respecto absoluto á liberdade, suprimindo todo castigo ou premio. O éxito destas conferencias fai que, en 1936, o “Ateneo Cultural de Ferrol Vello”, cree unha “Escuela para la infancia”, dirixida por Francisco Filgueira e Pedro Guimarey.

Cabe destacar “El Gráfico”, diario nacido durante a II República, pero que vai a ter unha corta vida, xa que a periodicidade e medios necesarios para a edición dun diario non puideron ser soportados polos seus xestores.
O primeiro número sae á rúa o 1 de maio de 1932, tendo unha existencia de apenas dous meses. Imprimíase en “La artística”, a outra gran imprenta de Ferrol da época xunto coa do “El correo Gallego”. Seu director será Nicolás García Pereya, constaba de 4 páxinas e seu coste era de 10 céntimos. Entre seus habituais colaboradores estaba Pedro Guimarey.

As liberdades políticas e sindicais da República, permiten que republicanos, socialistas e anarquistas retomen o contacto cos seus simpatizantes coa proliferación de publicacións. Un exemplo destas publicacións é a “Nueva Infancia”.
O primeiro número aparece o 1 de maio de 1931, trátase dunha publicación intermitente, sen que saibamos na actualidade súa duración xa que so existen dous exemplares na biblioteca municipal.
Será un ensaio de periódico para nenos, formando os más novos dentro da pedagoxía e as novas tendencias educativas. Este xeneroso esforzo recibe a felicitación do Ministro de Institución Pública. Tiña unha tirada de 1000 exemplares, que distribuíanse a maioría de forma gratuíta polas escolas da cidade. O director do periódico era Pedro Guimarey.
 

 

 
Outra das labores a destacar na súa vida foi a de ser o presidente do Partido Republicano Federal en Ferrol. Seu órgano de expresión era Renovación, de periodicidade quincenal. Terminaron integrándose en Unión Republicana.
No café Suízo( hoxe en día o hotel Suízo), totalmente esquecido na memoria dos ferroláns, merece a pena rescatar o papel dun grupo de tertuliáns librepensadores que no café debatían sobre diversos temas. Probablemente, o máis destacado deste núcleo fora Pedro Guimarey Filgueiras, un dos catro directores ao fronte de Renovación, unha publicación ferrolá con periodicidade semanal e de contido avanzado e progresista.
Pedro tiña como amigos máis persoais a Xosé Cao Piñón (anarquista e co fundador do Partido Sindicalista), Nores, Pérez Parallé (o poeta) e a Manuel Rodríguez Otero.
Neste grupo de intelectuais ateos o moi críticos  a Igrexa tamén figuraba Alfonso de Cal (O conde Cadenas) onde Ramón Otero Pedrayo, nunha ocasión que visitou Ferrol aloxouse na súa finca de Valdoviño.
 
A dereita da fotografía esta Pedro e a esquerda o seu amigo Xosé Cao Piñón.
 Como xa dixen anteriormente era un bo escritor, deixou escritas varias obras, entre as que cabe destacar a novela Nido de Esclavos. Foi editada o 1 de Xaneiro de 1935 e con ela ganou o Premio da Asociación de Artistas e Literatos, aínda que non se lle outorgou oficialmente o galardón por non estar afiliado a esta Asociación. Tamén é autor de Pepa Andrea (drama) , Carcoma (drama) , La obra Genial de Tonto Poeta (comedia) y La luminaria de Dios (comedia).  Deixou en preparación outras dúas novelas: Hombres y La Maja de la Tierra.
Aos poucos días do golpe de estado foi detido e paseado, e con iso queimaron todas as súas obras excepto un exemplar de Nido de Escravos, que conserva a miña familia.
 
Estaba a punto de casarse con Luz María Pita Landrove, filla de Xosé Pita Romero (o propietario dos coñecidos coloniais). Tras o seu asasinato, seu amigo Manuel Rodríguez Otero fíxose noivo de Luz María y casáronse. O matrimonio foi propietario da docería La Gloria.
Cando a sublevación miliar de Xulio de 1936, seu amigo Xosé Cao Cortiñas foi  buscalo para que se ocultaran (tiña un zulo preparado); pero Pedro díxolle inxenuamente que, como non cometera ningún delito, non tiña máis que temer algunha multa ou unha breve estancia no cárcere. Cao salvouse tras ocultarse durante anos.
A denuncia proveu dun sacerdote apelidado Vierna –parente do militar- e no grupo de falanxistas que presentouse no domicilio familiar, o da miña bisavoa, atopábase Gonzalo Torrente Ballester. Parece que Guimarey cometeu o gravísimo erro de mandar unha carta a ese sacerdote para poñerse baixo a súa protección. Foi unha mala elección porque Vierna delatouno á Falanxe. Creo que este sacerdote pelexouse con Pedro pola obra La luminaria de Dios, ao que debe engadirse a fama de ateos da tertulia do Café Suízo. Seu futuro sogro, Pita Romero, quixo axudalo e iniciou xestións ante as novas autoridades. Probablemente houbera conseguido salvarlle a vida, pero tras catro días de prisión e antes de que chegara o salvoconducto foi sacado e paseado.
Sobre a presencia de Gonzalo Torrente Ballester  no momento da súa detención convén facer reflexión, cuando hai quen cree que existía rivalidade literaria entre ambos e animadversión por parte do coñecido escritor ferrolano. Guimarey foi paseado catro días más tarde. Fusilado no antigo campo santo de Canido  o 29 de Setembro de 1936.
Conta a miña familia que o día da súa morte, aínda co cadáver quente, botado na fosa común e polo tanto no sabemos onde está o seu corpo, o conxunto de falanxistas que o foran  buscar a casa da miña bisavoa Esperanza, súa irmá, con todos seus familiares chorando súa morte, colocaron un organillo debaixo da ventá da mesma casa e puxéronse a celebrar unha festa.
Meus bisavós Esperanza Guimarey e Pepe Ceniza foron ó cárcere polo mero feito de ser familiares directos deixando as irmáns do meu avó Pedro (chamado así en recordo de Guimarey) Fina y Marina na rúa sen familia e as cales os veciños do barrio de Canido as alimentaban como podían.
Moitos anos despois, meu avó cando entrou de aprendiz na Bazán non o deixaban entrar a traballar dentro das fragatas por levar o apelido Guimarey, soamente o deixaban traballar nos talleres ata despois da transición e o tiñan moi vixiado. 
 
Valoración literaria.
Guimarey foi un ferrolán novo con verdadeira vocación literaria. As obras anteriores a Nido de Esclavos apuntaban boas maneiras, destacando o dominio do léxico e das imaxes literarias. É superado con Nido de Esclavos, onde consagrase coma un gran literato, un escritor verdadeiro.
Tratase dunha novela que podemos encadrar na corrente do realismo social, é dicir, dotada dun forte compromiso ético e ideolóxico, de denuncia, tendendo máis ao pesimismo que á exaltación. Outras a clasifican  como unha literatura proletaria.
En realidade, o hilo argumental da obra é o máis débil da novela e máis ben parece a escusa para encadear varios escenarios.
O director das Irmandades da Fala, en Coruña, Antón Villar Ponte, fixo unha crítica nun xornal sobre a súa literatura que dí o seguinte:
“Para tratar un conjunto de crónicas noveladas, una revista de paisajes morales, con una tendencia ideológica muy generosa, aunque pueda adolecer de una tanto simplista. La excesiva juventud de Guimarey tiende a hipertrofiar su fina sensibilidad literaria, pero no se puede negar su capacidad para captar la realidad circundante con ojo crítico y plasmarla con todo rigor.”
 
 
Por último vou falar sobre a verdade de Pepa Andrea, a única obra teatral que escribiu.
Pénsase que a autoría da obra é conxunta con Pérez Parallé cando non é certo, xa que Guimarey é o único creador da obra teatral. Pérez Parallé foi uns dos amigos máis cercanos e o que fixo na memoria do seu fusilado amigo, foi intentar que ésta fora representada. A obra foi estreada en Santiago.
Para que non quedara ningunha dúbida da autoría da obra, Pérez Parallé deixou escrito polo seu puño e letra nunha das páxinas dun exemplar as siguientes palabras:
A Pedro Guimarey o úneco autor e facedor de Pepa Andrea, quer n’estas liñas cheas de sinceridade e afogantes por unha dôr profondosa, pedirlle coma un consello e coma home perdón po-las verbas aldraxantes, fedorentas que lle dixo, po-lo roubo que quixo facerlle da súa creazón”
 
Espero que con isto alguén máis saiba quen era Pedro Guimarey e sobre todo que as víctimas do franquismo
nunca  sexan esquecidas.
Alba Deibe Ceniza.
 
 
 
 
 
 
 
 
 

 

luns, 2 de novembro de 2015

Tempo do Samaín

Estamos en tempos do samaín ,na nósa terra, noites de espíritos, cabazas lendas de mortos...
Moita xente non sabe de onde ven realmente ésta celebración, e procede das nosas terras celtas, dos nosos antepasados. Vouvos contar como comeza e que seguimos a manter destes días máxicos...