sábado, 24 de outubro de 2015

Os nosos mouros e mouras

Na nosa terra, en tempos pasados existiron os mouros e as mouras, e ainda que poidamos pensar que son o mesmo ser non é así, hai unhas poucas diferenzas e antes de nada vouvos a aclaralas:
Cada un ten una función distinta e polo tanto non os debemos confundir nin pensar que son os mouros os acompañantes masculinos dás mouras.É certo que as súas aparicións teñen lugar nos mesmos lugares, nos castros.
Os mouros básicamente eran unha raza de seres ancestrais mentres que as mouras formaban parte do chamado mundo dos espíritos da natureza. Nos mouros era máis importante o aspecto colectivo, de raza, mentres que as mouras o que predominaba é a individualidade e o sobrenatural.
Xa que temos aclarado isto, vou empezar a falar deles!!

Quen son?     

Os mouros son, según as lendas que nos contan , os constructores dos castros, petroglifos, rocas, covas... Son un pobo máxico que hoxe está agochado baixo terra. Ao meu gusto, son os máis antigos habitantes de Galiza.

Como somos un pobo celta e é algo que me fascina, case todos os seres da nósa cultura teñen conexión coas culturas célticas do norte de Europa, como por exemplo, os mouros son comparables cós Pictos escoceses e os Fennianos irlandeses.
A mayoría dos personaxes, os mouros, viven asociados a algún monumento megalítico, coñecen onde están escondidos todos os tesouros, e a moitos deles tamén asóciaselles a construcción do monumento.





Pregunteille a miña avóa se coñecía alguna lenda de mouros e como non era de extrañar, era así. Contoume que preto de onde vivían os seus avós, había unha pedra moi grande case arriba de todo do monte onde ninguén atrevíase a ir, e que isto era así por mor de dúas mouras que habitaban preto dela.
Nesa pedra, as mouras dicía a xente que eran moi fermosas, e tamén dician que se convertían en serpes... Dín que éstas dous mulleres gustáballes baixar as festas que se facían no pobo, e cando regresaban ao monte acompañadas dalgún mozo ( a súa fermosura facía que todos os mozos do pobo quedaran embelesados con elas) ao chegar un pouco antes da pedra, as mouras parábanse e non deixaban que os mozos as acompañaran máis aló. Un día, un destes pretendentes non fixo caso e seguiunas ata a pedra sen que elas se deran conta, e o rapaz quedou moi sorprendido cando viu que as mouras que acompañara esa noite,  se transformaban en terribles serpes e desaparecían na peneda....
Tamén as xentes contaban que outra vez unha destas mouras díxolle ao seu pretendente que era víctima dun feitizo e que debía axudala a romper co encantamento. A moura díxolle ao rapaz que a seguise ata a pedra e que pasase o que pasase, non se asustara. Así o fixo o mozo, pero tan pronto chegaron a pedra, a moura transformouse en serpe e amousouse ante el con repugnante mal olor e un carabel nos beizos. O rapaz asustado, saíu correndo sen cumprir a súa promesa e axudala a se desencantar.
 
Hoxe en día os mais maiores pensan que esas dúas mouras seguen a habitar polos montes xa que ningún rapaz conseguiu desencantalas.
Miña avóa díxome que esa pedra da que me estaba a falar estaba no monte de Chamorro, un monte que está entre o centro da cidade de Ferrol e Cobas. Enseguida intereseime ao dicirme que nesa pedra había uns debuxos e dinme conta que tratábase dun petroglifo.


                                                                         
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario