domingo, 17 de xaneiro de 2016

Galicia rebelde co movemento " nunca máis"

O buque petroleiro Prestige, enviou un S.O.S a 30 millas de Fisterra.
O goberno intentou dar carpetazo ao asunto ao dicir que aloxaran o problema, concretamente a 20 millas de distancia. Os ecoloxistas dicían frases coma "están agochando o lixo debaixo da alfombra".
Chegou o chapapote a Galicia. A marea negra afectou a 190 km do litoral coruñés, dende Fisterra ata Arteixo. Foi unha catástrofe ecolóxica e económica.
Comezaron a aparecer animais sen vida, totalmente pintados de negro nos areais.
As administracións centrais e autónomas aseguran que os afectados ían cobrar as indemnizacións antes do Nadal. O conselleiro de pesca do momento afirmou "aquí ninguén vai quedar sen turrón"
No norte, a zona máis afectada nun principio, os mariñeiros recollían o fuel das rochas polos seus propios medios, coas súas embarcacións. O ministerio de defensa enviou militares para colaborar na limpeza das praias.
A 260 km das illas Cíes e todavía con 66.000 toneladas de fuel no seu interior, o casco partiu en dúas metades. As 12 do medio día afundiu a popa.
Había grandes carencias de organización e material. O fuel seguiu a continuar chegando e aínda permanecía nas praias contenedores cheos de chapapote. Os concellos non sabían que facer con eles. Ninguén lles daba indicacións. Moitos voluntarios que acudían a axudar non puideron traballar pola falta de medios.
Francia e Portugal, que mantiñan equipos de traballo nas zonas afirmaron que estaban a aparecer manchas novas de fuel, en cambio, mentres en España o vicepresidente, Rajoy, negouse rotundamente a que as manchas fosen novas.
A estas alturas xa fora bautizada como "a gran mancha". Súa avanzadilla estaba a 140 km de Fisterra. Os ventos empuxábana  hacia o noroeste.
A enorme mancha tiña o dobre de tamaño que o municipio de Madrid, e avanzaba a un ritmo de 20 km diarios.
Mariñeiros de Malpica e Porto do Son saían a faenar e regresaban a porto cos aparellos cheos de petróleo, o que afirmaba que o vertido non afectaba soamente á superficie.
Parecía que unha nova chegada de fuel era inevitable e os barcos que succionaban o fuel non podían saír polo temporal.
O gobernos seguíaa dicir que non había vertidos novos.
A marea negra ía chegar con toda seguridade de novo, pero esta vez ameazaba as rías de Arousa, Muros e Noia e tamén o Parque Nacional das Illas Atlánticas.
Centos de mariñeiros e mariscadores traballaron durante toda a noite para armar as súas defensas.
O segundo afundimento do Prestige ameazaba con soterrar kilómetros e kilómetros de costa baixo un espeso velo negro.
"Nestas navidades, turrón de chapapote", "Máis pesqueiros e menos petroleiros", "O do bigote que limpe o chapapote", eran algúns dos cánticos dos 200.000 manifestantes que acercáronse a Santiago para gritar: "NUNCA MÁIS!"
Centos de mariñeiros recollían o fuel do mar con trueis, plásticos, espumaderas xigantes e ata coas súas propias mans.
7000 persoas repartidas en 1200 barcos mobilizáronse ao longo das rías baixas, era unha guerra contra o fuel, un combate "épico, dramático e esperanzador"
As cifras anunciadas por Portugal triplicaban as dadas por Rajoy. Vertíanse entre 30 e 120 toneladas diarias ao mar dende as grietas do buque.
Crecía a indignación e os patróns do Grove e Cangas iniciaron unha folga da fame para esixir mais medidas.
Unha nova marea arrasaba máis da metade das praias galegas, 675.
Os voluntarios dicían cousas como "chegas á praia e parece que o que fixeches o día anterior non serviu de nada".
A prohibición de facer durante 50 días provocou pérdidas de 22 millóns de euros aos mariñeiros e mariscadores.
O portavoz dun instituto francés negaba a teoría do goberno español que afirmaba que o petróleo evaporábase ao chegar a superficie. Enganos e máis enganos...
Francia taponou as grietas do buque pero so era unha solución provisional ata que o goberno español atopase unha solución ao problema.
Miles de persoas seguían a traballar para axudar coa desastre.
A marea continuaba a acercarse e aínda que as praias estaban prácticamente limpas xa, as rochas e o fondo mariño seguían contaminados.
Setenta días despois do accidente, segue a chegar chapapote. Municipios como Muxía, Camariñas e Fisterra reviviron as intensas oleadas dos primeiros días e apareceron completamente asolados por manchas de todo tipo, unhas formadas por fue "novo" e outras procedentes de vertidos que desprendéronse das rochas.
Foi unha verdadeira desastre que aínda está a esperar xustiza, e foi a primeira vez que o pobo galego revelouse e loitou realmente.



Ningún comentario:

Publicar un comentario