domingo, 6 de marzo de 2016

O Ballet Galego Rey de Viana

O ballet galego nace no 1949 da man do bailarín José Manuel Rey de Viana, que dende neno medrou e formouse co obxectivo de crear en Galicia unha compañía coreográfica como as grandes do mundo.
José Manuel Rey de Viana formouse xunto os grandes nomes da danza moderna. Aproveitou a súa estancia en Alemaña para perfeccionar a súa danza clásica e formouse no estudo da danza folclórica mundial.
Cando regresou a Galicia, con Victoria Canedo, a súa esposa e mestra de baile, propúxose darlle a danza galega a importancia que debería ter e sobre todo dala a coñecer e que fose valorada.
Para conseguilo, o coreógrafo comezou recorrendo Galicia e recuperando, respetando as súas características, as danzas autóctonas, lendas tradicionais para facer o argumento das súas obras, e tradicións nas que se amosase o carácter do pobo galego e así plasmalo nos movementos.
Investigou tamén no vestiario das distintas zonas de Galicia a través do tempo. O resultado foi a recuperación dos traxes do século XVIII , de cores vivos, executados en seda e bordados con pedras de azabache.
Os comezos do ballet foron lentos. Non se tiñan locais nin tradición necesarios para o desenrolo dunha compañía desas características. A primeira actuación foi no 1955 na Coruña.
Nos bailes mezclase a danza tradicional co ballet clásico que dominaba José Manuel Rey de Viana; mezcla que vaise convertir na marca orixinal da compañía.
A raíz da actuación, a compañía comeza unha xira por distintos escenarios galegos ata que no 59 recibirá a invitación dun organismo público. Nese ano, o Instituto de Cultura Hispánica de Madrid invita a compañía a participar no festival que leva o mesmo nome.
Despois disto actúan por todo o mundo, tanto como Europa como por América, participando en festivais como o Festival Mundial de Ballet Folclórico en Venecia e actuacións no Pabellón Español da Feria Mundial de Nova York durante tres meses.
Por todo isto recibe máis de 20 premios internacionais e nacionais.
Dende 1971 ata o 1990, a xestión e o mantemento da compañía correspondía á Deputación da Coruña e a partir dos 90 pasa a depender da Xunta. En 1991, co IGAEM ( Instituto galego das artes escénicas e musicais) o ballet galego converteuse no principal á hora da producción de espectáculos coreográficos.  Nesta etapa segue de xira por diferentes cidades españolas, Nova York, Arxentina, Chile, Uruguay...
Cando morre Rey de Viana, para continuar co ballet, a dirección da compañía é asumida pola súa esposa Victoria Canedo, quen ata ese momento ocupaba o cargo de subdirectora. Créanse novas coreografías fieis a identidade do ballet galego dende os seus inicios.
En novembro de 2005, ocupa o BNG a consellería de cultura da Xunta e a directora abandona o ballet por "non corresponder á idea de danza do novo goberno" eliminando e borrando os últimos 56 anos de traballo da historia da nosa danza.
No 2012, antigos bailaríns da compañía loitan por volver a poñer en marcha o ballet, xa que sería tarea ben sinxela xa que a orquesta sinfónica do ballet sigue pertencendo a xunta e o vestiario esta gardado nunha nave. Técnicos e sastras seguen a traballar tamén como funcionarios.
Creouse unha asociación que hoxe en día segue en pé por recuperar unha labor cultural que pódese comparar coas grandes compañías de danza americanas ou rusas e que tiña a marca da nosa terra, Galicia.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2012/01/22/resurge-ballet-galego-rey-viana/0003_201201H22C16991.htm

 José Manuel Rey de Viana

 
 
 Victoria Canedo
 
                                                                    

 
 Traxes nos que a compañía inspirouse para crear o vestiario

 
 
 
          
                                                                                  
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 


 
                                                                                                                            

Ningún comentario:

Publicar un comentario