domingo, 13 de marzo de 2016

Todos coñecemos os equipos de fútbol máis famosos da nosa terra, e incluso calquera persoa aínda que non estea na práctica do deporte ten, polo menos, un mínimo de coñecemento para levar unha conversa do tema sen ningún problema. Que nos está a pasar? Onde vai o interese pola cultura? e, sobre todo, onde está o interese polo noso e por dalo a coñecer ao resto da xente? Seguindo co exemplo do fútbol, move masas de milleiros de persoas e aínda por riba causa mortes, peleas e problemas entre aficionados por defender a súa camiseta. Onde vai a humanidade? Por que cobran milleiros de euros e os artistas non poden nin sequera, a maioría, vivir da súa arte?
Eu formo parte dunha escola de danza, e sen marcharnos a grandes niveis profesionais vese claramente o pouco esforzo por apoiar esta arte. Os concellos ofrecen subvencións a equipos de deportes cedéndolles espazos para competicións, etc...
 Nós intentamos que a danza chegue a rúa e que calquera O persoa que pase por ela poda emocionarse con nós e coa nosa arte, pero parece que non podemos nunca levalo a cabo xa que nunca nos dan nada. Somos partidarios que o Día Internacional da Danza sea na rúa, non nun teatro para unha xente determinada, que o arte saía a rúa, e nin sequera ofrécennos unha carpa , un escenario ou un equipo de música, teñen que poñelo as escolas do seu propio bolsillo, é unha verdadeira pena.
Gran parte das persoas non sentaron nunca nunha butaca a disfrutar dun espectáculo e non experimentaron as sensacións que éste pode ofrecer, cos movementos expresando os sentimentos do bailarín ou como a música forma parte dun todo que é a danza. Persoalmente, recoméndoo, probádeo.
Como di unha das letras dun dos meus grupos favoritos: " O arte é unha droga aparte que tomas sen saber que che dan"
Un caso de danza un tanto descoñecida, pero que pode chamar a atención aínda que non sexa comprendida, é a contemporánea, a que eu practico.
 A danza contemporánea nace como unha reacción ao clásico e como unha necesidade de expresarse mais libremente co corpo. É unha clase de danza na que búscase expresar, a través do bailarín , unha idea, un sentimento, unha emoción, ao igual que o ballet clásico, pero mesturando movementos corporais da actualidade.
Ao principio buscábase algo diferente á dura técnica do ballet clásico, empezaron a aparecer bailaríns bailando descalzos e facendo saltos menos ríxidos que os tradicionais no escenario. Co tiempo, foron aparecendo variacións nas que á técnica clásica brillaba pola súa ausencia e incluso introducíanse movementos doutras técnicas, como o flamenco, movementos de danzas tribais e ata do ioga.
 Hoxe en día, as técnicas modernas deixan paso a mesturas de estilos, chegando a non deixar claro a que estilo aseméllase ou que patróns siguen. Dícese que na danza contemporánea hoxe en día todo vale.
Unha característica é o uso de multimedia e métodos audiovisuais para acompañar las coreografías, como video e imaxes usadas de fondo.
A danza contemporánea pode falar dun concepto, propoñer un ambiente ou presentar movementos para conseguir unha estética determinada, non sempre teñen que contar unha historia. Por outro lado, a danza clásica constrúese a través de pasos que xa existen  mentres que a danza contemporánea busca o novo e a creación de novas formas de movemento coas necesidades do coreógrafo ou o bailarín. A danza clásica busca o fermoso, o perfecto. A danza contemporánea busca a conexión coa terra, co humano e as súa pasión.
En Galicia a compañía por excelencia da danza contemporánea é a Nova Galega de Danza. Mestura a danza contemporánea coa tradición celta da nosa terra con música en directo.
 

Por outro lado as escolas galegas de danza amateurs, avanzado e pre-profesionais, quedan en moi bos postos nos concursos nacionais españois de danza , compartindo escenario con bailaríns de Madrid, Barcelona.... Estos concursos fan posibles que as escolas relaciónense entre elas e que profesionais da danza e o xurado, observe aos bailaríns que empezan a darse a coñecer.
Miña escola, tivo a oportunidade de participar nun destes concursos, o máis recoñecido aos niveis mencionados anteriormente, ANAPRODE.



 
Recentemente a presidenta en España do CID (comité internacional de danza) da UNESCO visitou Ferrol co motivo do nomeamento de Suso Pérez Lago, o meu mestre, como membro do CID e de paso promocionar a danza na cidade con cursos recoñecidos pola UNESCO.

http://www.diariodeferrol.com/articulo/ferrol/unesco-interesada-abrir-ferrol-delegacion-oficial-do-comite-internacional-danza/20150922224321134642.html

A danza é unha fermosa opción para formar parte de proxectos audiovisuais, e o pasado verán as escolas de danza de Ferrol fixeron un proxecto de fotografía, do que formei parte, que consistía en que fotógrafos da cidade fotografiaran as bailarinas que escolleran en sitios emblemáticos da cidade. Finalmente fíxose unha exposición de fotografía no museo Torrente Ballester.

http://www.diariodeferrol.com/articulo/ferrol/abre-puertas-torrente-exposicion-ferrol-danza-escuelas-ciudad/20150710210859128738.html

 Teatro Jofre

Edificio Rodolfo Ucha 

 Casino de Ferrol

 Teatro Jofre


 
 







1 comentario:

  1. Alba, pareceume unha entrada xenial a verdade, esperemos que as cousas cambien e a cultura gañe a valoración que merece.
    Biquiños❤

    ResponderEliminar