xoves, 12 de maio de 2016

Xa rematando o curso, o profesor deixa que os alumnos fagamos unha entrada de tema libre, e eu, despois de pensar e pensar, decidín facela sobre algo que tivo importancia nos meus antepasados e que marcou a ideoloxía da miña familia, a segunda república, pero vou falar, concretamente do que aconteceu en Ferrol e non facer o tópico de falar sempre a niveis xerais, de España concretamente, senón da miña cidade en Galicia, na que eu vivo. Deixoume a miña tía un libro que fala de Ferrol nesta época e adentreime nel para sacar a información que mostro aquí e pareceume a máis interesante.

 O 20 de abril de 1931 as 11 da mañá elixiuse o primeiro alcalde de Ferrol da segunda República xa que Quintanilla o facía como interino dende a tarde do día 14. Cando remata a votación procédese ao reconto de votos é o resultado é: Jaime Quintanilla Martínez (Socialista) obtén 24 votos, segundo Cotovad (Republicano) con 3 votos e dous papeletas en blanco. Entón quedou proclamado Quintanilla Alcalde-presidente do Concello de Ferrol. O alcalde cando tomou a palabra dixo o seguinte discurso:
- Ao ocupar este posto ao cal tráenme os votos dos representante do pobo, afastareime dos tópicos nestes casos. Neste primer concello da república vimos a traballar, por iso debemos ahorrar palabras e ser pródigos nos feitos. A revolución non so se demostra nas cousas, senón nos conceptos e por iso estimo que o traballo non é pesada a carga, pois glosando o pensamento filosófico, han de aceptar as novas xeracións, o traballo coma un xogo, feito coa mesma alegría e ilusión que no xogo corriente da vida, sobre todo se se ten en conta que o noso traballo agora vai ser un traballo creador e estarase informado da alegría que produce todo feito  de creación. Nestes momentos nos que o pobo logrou rematar coa putrefacta e maldita monarquía, noso deber primordial é consolidar a república. Fago mía as aspiracións da clase traballadora no que se refire á política municipal, cuidando especialmente os intereses desta clase e en todo caso os esenciais do pobo. ¡Viva a República!
Case como os discursos dos nosos políticos de hoxe en día... A partir de ahí comeza unha nova etapa de cambios na política, cultura e sociedade que prolongarase durante seis anos.

ELECCIÓNS MUNICIPAIS DO 14 DE ABRIL DE 1931, NÚMERO DE CONCELLEIROS EN FERROL

ELECCIONES A CORTES CONSTITUINTES DURANTE A II REPUBLICA, NUMERO DE DIPUTADOS POR PROVINCIA
 
 

 Acta municipal na que se proclama a II República en Ferrol, 14 de Abril de 1931.
 
 
Manifestación popular delante de Capitanía celebrando a proclamación da II República.

OS PARTIDOS POLÍTICOS
O PSOE
A sede do partido estaba sito no "Centro Obreiro" na plaza de Pablo Iglesias, nº4. Ademáis da sede central do partido existían os "Círculos Socialistas" de Esteiro, Canido, Centro e A Graña, que chegaron a contar entre os tres con case 400 socios.
Está dirixido por varios comités, dende 1931 a 1933 seu presidente será Modesto Baamonde e Marcial Fernández, como secretario, de 1933 a 1934,  ocupa a presidencia Francisco Giménez Rodríguez e a secretaría Alfonso Quintana, e por último ata 1936 Joaquín Vázquez Galán.
"El obrero", será o semanario portavoz da agrupación e defensor da clase traballadora.
O "Grupo Femenino Socialista", fundado en 1926, recupera súa actividade en mayo do 33 e será presidido por Toribia Iriarte e no 36 chega a ter 120 afiliadas. Celebraban numerosas conferencias relacionadas co problema da muller e fundan unha Biblioteca Proletaria.
O PARTIDO REPUBLICANO FEDERAL
El partido constitúese en Ferrol en 1913, entra en coalición cos socialistas no concello e nas cortes, en cambio a partir do 33 inicia un acercamento a dereita. En Ferrol foi o segundo partido máis votado tras o PSOE. Os mellores resultados os terá nas eleccións a cortes de novembro de 1933, sendo o partido mais votado na provincia.  A  progresiva derechización do partido, en coalición coa CEDA vai suponer a división no partido e créase o Partido Radical Demócrata dirixido por Pedro Guimarey, o tío do meu avó ao que lle teño unha entrada dedicada a él anteriormente.
ORGA
Tratábase dun partido rexionalista e republicano, fundado en 1929 na Coruña polos seguidores de Casares Quiroga e os nacionalistas republicanos de Vilar Ponte. Seu gran obxectivo era a creación dunha república federal, que dera unha ampla autonomía para Galicia. A sede do partido estaba na calle María nº81, e chega a contar con 225 afiliados. Seu presidente en Ferrol foi un periodista moi famoso na época, José López Bouza.
Estos son os mais importantes na época en Ferrol, pero a diversidade de partidos era moi ampla: Coalición monárquica, Izquierda Republicana, CEDA, Partido Comunista, Falange española, Partido Galeguista.

Convocatoria do congreso provincial do PSOE
 
 

Órgano da Agrupación Socialista de Ferrol
 


Selos de diferentes organizacións sindicais na II República

CULTURA
O que atopei mais representativo da época foi o Ateneo Cultural de Ferrol Vello. Foi fundado en xuño de 1934, no barrio de Ferrol Vello, creado por militantes anarquistas locales. Súa sede estaba na calle da Merced nº7, e o seu presidente era Francisco Filgeueira. A súa primeira actividade foi estrar unha obra de teatro, "Triunfa el amor" de autor anarquista e representada no Jofre, representada polo cuadro artístico  do  Ateneo Cultural.
Ao largo dos seus dos anos de historia, impartíanse numerosas conferencias no seu local, entre os conferenciantes estaba Pedro Guimarey ou Francisco Iturralde, moitas destas conferencias ían aos mais novos, para lograr unha formación con libertad, polo tanto, crean a "Escuela para la infancia" dirixida por Pedro Guimarey.

Selo do centro obreiro de cultura
 
 
 
 
Libro sobre o espiritismo editado polo Ateneo Ferrolano en 1933
 

 



 

Ningún comentario:

Publicar un comentario